AXUDAS DO CONCELLO DE PONTECESURES Á ESCOLARIZACI?N: CURSO 2015/2016.

Axudas do Concello de Pontecesures para libros e material escolar para 2º ciclo de Educación Infantil, Educación Primaria e ESO.

Prazo de solicitude dende o 2 ata o 25 de setembro.

Máis información e presentación de solicitudes no Servizo Social Comunitario deste concello os luns de 11.00 a 15.00 horas e os martes e venres de 9.00 a 13.30 horas.

Descarga do bando coas bases destas axudas e do impreso de solicitude no seguinte enlace:

http://www.pontecesures.org/vernoticia.asp?id=773

 

CURSO DE MONITOR DE TEMPO DE LECER EN PONTECESURES.

CARTEL CURSO TEMPO LIBRE 2015

Dende o día de hoxe abrese o prazo de inscrición para un curso de MONITOR DE TEMPO DE LECER (200 horas) homologado pola Xunta de Galicia. Este curso que será levado a cabo pola Academia Elisa de Vilagarcía de Arousa ten un custo de 200 ? por alumno/a. O curso desenvolveráse na AULA T.I.C.  do semisoto da Casa do Concello de Pontecesures, o horario deste curso será de luns a venres de 9.00 a 15.00 horas comezando o luns 28 de setembro ata o sábado 14 de novembro (última xornada de 10.00 a 13.00 horas). Os requisitos para participar neste curso son: ser maior de 18 anos , e ter superada a E.S.O. ou Bacharelato.

Máis información e formalización da inscrición na OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil) na Casa do Concello, tlf. 986 564 410, mail xuventude@pontecesures.org

O prazo de inscrición estará aberto ata o xoves 24 de setembro.

A realización deste curso estará condicionada a que se xunten un número de inscricións mínimas (de 20 a 25).

O ESPECTÁCULO DE NOVO CIRCO ??TOTUM REVOLUTUM? ESTARÁ O M?RCORES 19 DE AGOSTO EN PONTECESURES.

CARTEL_TOTUM REVOLUTUMweb

A Compañía Pistacatro Productora de Soños trae o vindeiro mércores 19 de agosto o seu espectáculo ??TOTUM REVOLUTUM? a Pontecesures, ás 20.30 horas na Praza dos Valeiros de Porto.

TOTUM REVOLUTUM é unha disparatada viaxe a través das diferentes modalidades de circo, dende os clásicos ós contemporáneos pasando polos rexistros máis de rúa e participativos.

Todo comeza coma un show máis de rúa … pero uns problemas técnicos obrigarán ás nosas personaxes a desenvolverse noutros rexistros dando lugar a unha mostra única de novo circo contemporáneo de rúa e das técnicas acrobáticas.

Esta actuación enmarcase no Programa Cultura no Camiño confinanciado pola AGADIC (Axencia Galega das Industrias Culturais) e o Concello de Pontecesures.

https://www.facebook.com/l.php?u=https%3A%2F%2Fwww.youtube.com%2Fwatch%3Fv%3DDJj2r_4nTd4&h=KAQGjJBQM

 


RECOLLIDA DE FOTOGRAFÍAS ANTIGAS PARA A CELEBRACI?N DO 90 ANIVERSARIO DO CONCELLO DE PONTECESURES.

O vindeiro mes de outubro celébrase o 90 aniversario do Concello de Pontecesures, por este motivo prégase a colaboración de todos/as veciños para a entrega de fotos antigas nas oficinas do concello, que serán devoltas en perfecto estado aos propietarios unha vez sexan escaneadas.

Dende o Concello agradecese anticipadamente a colaboración de tódolos veciños/as, para poder desfrutar deste dia tan especial.