Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Sociedade

CURSO DE MONITOR DE TEMPO DE LECER EN PONTECESURES.

Por CONCELLO DE PONTECESURES ·

CARTEL CURSO TEMPO LIBRE 2015

Dende o día de hoxe abrese o prazo de inscrición para un curso de MONITOR DE TEMPO DE LECER (200 horas) homologado pola Xunta de Galicia. Este curso que será levado a cabo pola Academia Elisa de Vilagarcía de Arousa ten un custo de 200 â?¬ por alumno/a. O curso desenvolveráse na AULA T.I.C.  do semisoto da Casa do Concello de Pontecesures, o horario deste curso será de luns a venres de 9.00 a 15.00 horas comezando o luns 28 de setembro ata o sábado 14 de novembro (última xornada de 10.00 a 13.00 horas). Os requisitos para participar neste curso son: ser maior de 18 anos , e ter superada a E.S.O. ou Bacharelato.

Máis información e formalización da inscrición na OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil) na Casa do Concello, tlf. 986 564 410, mail xuventude@pontecesures.org

O prazo de inscrición estará aberto ata o xoves 24 de setembro.

A realización deste curso estará condicionada a que se xunten un número de inscricións mínimas (de 20 a 25).

Máis sobre isto

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.