Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Cultura

O ESPECTÁCULO DE NOVO CIRCO â??TOTUM REVOLUTUMâ?� ESTARÁ O MÃ?RCORES 19 DE AGOSTO EN PONTECESURES.

Por CONCELLO DE PONTECESURES ·

CARTEL_TOTUM REVOLUTUMweb

A Compañía Pistacatro Productora de Soños trae o vindeiro mércores 19 de agosto o seu espectáculo â??TOTUM REVOLUTUMâ?� a Pontecesures, ás 20.30 horas na Praza dos Valeiros de Porto.

TOTUM REVOLUTUM é unha disparatada viaxe a través das diferentes modalidades de circo, dende os clásicos ós contemporáneos pasando polos rexistros máis de rúa e participativos.

Todo comeza coma un show máis de rúa … pero uns problemas técnicos obrigarán ás nosas personaxes a desenvolverse noutros rexistros dando lugar a unha mostra única de novo circo contemporáneo de rúa e das técnicas acrobáticas.

Esta actuación enmarcase no Programa Cultura no Camiño confinanciado pola AGADIC (Axencia Galega das Industrias Culturais) e o Concello de Pontecesures.

https://www.facebook.com/l.php?u=https%3A%2F%2Fwww.youtube.com%2Fwatch%3Fv%3DDJj2r_4nTd4&h=KAQGjJBQM

 


Máis sobre isto

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.