No seguinte enlace pódese descargar o boletín:
Charla-coloquio
??TDAH, unha visión global?
Impartida pola psicóloga Sandra Mª Fernández Román
Día: mércores 20 de novembro
Hora: 11:00
Lugar: Casa do Concello – Entrechán
Organiza: Concellería de Educación e Servizos Sociais do Concello de Pontecesures
Colabora: Asociación Andaina Pro Saúde Mental
Desde a Concellería de Educación e Servizos Sociais do Concello de Pontecesures organízase en colaboración coa Asociación Andaina Pro Saúde Mental, unha charla sobre o Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividad (TDAH) impartida pola psicóloga Sandra Mª Fernández Román, dirixida a familiares e persoas interesadas.
O tratamento do TDAH require dunha gran implicación do contorno familiar, no que o diagnóstico deste trastorno soe xerar dúbidas e inseguridades, ademais de supoñer unha fonte de estrés para os seus integrantes.
O TDAH é un trastorno neurobiolóxico de carácter crónico, que afecta entre un 5 e un 10% da poboación infantil, chegando incluso á idade adulta no 60% dos casos; padéceno tanto nenos como adolescentes e adultos de todas as condicións sociais e culturais. Está caracterizado por unha dificultade de manter a atención voluntaria frente a actividades, tanto académicas como da vida diaria e unido á falta de control de impulsos.
Dende o mes de setembro pasado, por parte do Equipo de Goberno do Concello de Pontecesures, veñense solicitando distintas entrevistas na Vicepresidencia da Xunta de Galicia sen ter resposta a día de hoxe. Non queremos pensar que non se nos recibe porque o tema a tratar son as emerxencias en Pontecesures. Levamos un ano con este asunto. Mantivose un primeiro contacto no mes de febreiro e dende aquela se nos esta ocultando toda a información con respecto á distribución dos grupos de emerxencias (GES) en Galicia. Queremos que a Vicepresidencia nos de moitas respostas sobre as emerxencias en Pontecesures. Pero a verdade a día de hoxe non conseguimos ni que nos reciban.
Sabemos que o tema dos GES estase levando con moito oscurantismo que empeza a cheirar un pouco mal.
Por eso dende o goberno de Pontecesures reiteramos a Vicepresidencia que se nos reciba coa maior brevedade posible.
A Guardia Civil de Padrón recuperou nos últimos días varias bicicletas, presuntamente sustraidas na comarca.
Todos aqueles persoas que se viran afectadas por estes roubos, poden poñerse en contacto co cuartel da Guardia Civil de Padrón (tlf. 981 810 091), por si a súa bicicleta estivera entre as recuperadas.