O EQUIPO XUNIOR FEMININO DO CB. RIO ULLA CAMPI?N DA LIGA ? GA?AR DE NOVO ? CORTEGADA (54 A 51)

IMG_7454 (Copiar)O equipo xunior celebrando o triunfo ó remate do partido.

Este pasado domingo as nosas rapazas xa gañaran en Carril, por 12 puntos de diferencia. E onte voltaron a levarse a victoria, nun partido emocionante, pero no que domiñaron o marcador, salvo nos minutos iniciais, pois as rapazas do Cortegada arrancaron o encontro cun 4 a 7 ó seu favor. .

IMG_7375 (Copiar)Larita Rarís driblando a unha rival no encontro de onte.

Pronto a defensa local roubou varios balón e conseguiron adiantarse primerio, para logo collar ás primeiras diferencias a prol do Rio Ulla (10 a 7 no minuto 6).

IMG_7387 (Copiar)Un momento deste primeiro cuarto, onde Sandra anota dende a persoal.

As diferencias contra o final do primeiro cuarto elevábanse ata duplicar as locais ó seu rival (18 a 9).

IMG_7390 (Copiar)Velocidade nas contras do Rio Ulla.

IMG_7398 (Copiar)Sonia roubaba un balón durante a primeira metade.

as diferencias durante o segundo cuarto xa se movian nos 10 puntos a favor das locais.

IMG_7397 (Copiar)Carla anotaba dende o tiro libre.

Na 2ª metade do encontro as diferencias oscilaban nos 8 a 12 puntos.

IMG_7419 (Copiar)Tempo morto mediado o 3º cuarto co marcador de fondo.

IMG_7429 (Copiar)Comezaba o derradeiro cuarto cun 42 a 34 no marcador.

IMG_7431 (Copiar)Un minuto despois tempo morto do Cortegada, pois o Extrugasa Rio Ulla anotaba 2 canastas seguidas elevaba a diferencia a 12 .

IMG_7433 (Copiar)O Cortegada non se rende e segue buscando canastas en penetracións e dobrar pase, mentras as locais entraban nunha fase de erros en ataque.

IMG_7436 (Copiar)Tempo morto das locas. Antonio Pedrido, seu adestrador, non quería pasar apuros ó final.

IMG_7438 (Copiar)Foron pasando os minutos e as diferencias se movian arredor deses 6 puntos de vantaxe par as locais.

IMG_7443 (Copiar)Intercambio de canastas nos últimos minutos.

IMG_7441 (Copiar)Antia Varela sumaba un novo tiro libre.

IMG_7450 (Copiar)E chegábamos ó final co marcador de 54 a 51.

Saudo entre ambos equipos nunha final domiñada polas nosas, pero cun ambiente moi deportivo entre ambos equipos e aficións.

IMG_7457 (Copiar)

IMG_7458 (Copiar)

IMG_7459 (Copiar)

IMG_7460 (Copiar)

IMG_7461 (Copiar)

IMG_7462 (Copiar)

IMG_7463 (Copiar)E ó remate: ¡¡¡ FESTA !!!

NORABOA CAMPEONAS.

MA?Á MARTES A PARTIR DAS 20 H GRAN FINAL XUNIOR FEMININA NO POLIDEPORTIVO DE PONTECESURES, ENTRE O NOSO EQUIPO E O CORTEGADA.

xunior femenino 2013-14 webEquipo Xunior Feminino do Rio Ulla 2013-14

Mañá martes a partir das 20 h, nunha data pouco habitual motivada por unha viaxe de estudos, o Extrugasa Rio Ulla xunior feminino poderá ser o campión da liga 2013-14. Para elo ten que facer valer a diferencia que logrou esta pasada fin de semana en Carril, gañando por 12 puntos, logo de derrotar o Cortegada por 40 a 52.

Sería un novo premio a unhas xogadoras que levan varios anops entre as mellores, nun ano especialmente difícil e igualado cos demais equipos da categoria. Poucas veces se da que na cabeza dunha liga de 7 equipos 5 queden cas mismas victorias e derrotas. Pois eso pasou este ano nesta competición, e as cesureñas sairon favorecidas nos basketaverages, e o equipo quedou 1º, o que lle dou ventaxe de campo nos cruces de semifinais, ante Noia, e agora na final ante o Cortegada de Vilagarcia.

Así que desexar que mañá vexamos un gran encontro, e que as nosas poidan facer valer ese factor campo + os 12 puntos de ventaxa para ser campionas.

  MA?A A PARTIR DAS 20 H. O POLIDEPORTIVO DE PONTECESURES VIVIRÁ OUTRO PARTIDO «DO S?CULO»…

¿ DE VERDADE VAS A PERDER DE ESTAR ALÍ ANIMANDO?

O EXTRUGASA RIO ULLA CADETE FEMININO CAMPI?N DA LIGA AROUSANA 2013-14

IMG_3279 (Copiar)Este pasado domingo o equipo poido celebrar diante do seu público o título de liga conseguido matemáticamente a xornada anterior, cando inda faltaban 2 encontros, logo de gañar no Grove.

Así, este día o equipo saltaba a disputar o encontro da penultima xornada xa co título de campeonas arousanas cadetes; o que lle dará dereito a pelexar por unha praza na liga galega 2014-15, nunha fase de ascenso que se xogará no vindeiro mes de maio.

IMG_3234 (Copiar)O equipo Cadete femenino 2013-14 campeon de liga está formado por:

Adestradora: Noelia Garcia
8.- Antia Sanmarco
17 .- Antia Dominguez
15 Antia Varela
21.- Sara Rey
11.- Candela Lafuente

14.- Alba Barreiro
20.- Blanca Quintela
18.- Iria García
4.- Sofia Raris

31.- Maria Navarro

IMG_3238 (Copiar) IMG_3240 (Copiar) IMG_3242 (Copiar)Antes de disputar o encontro, as rapazas do equipo infantil do club, que acababan de disputar o seu partido de liga, as homenaxearon co «pasillo» coma campionas.

Destacar o comportamento equipo do rival este día, o equipo Cadete do Cortegada, que se sumou a este pasillo nun xesto de  enorme deportividade, moi aplaudido pola afición cesureña.

IMG_3248 (Copiar)Ambos equipos posaron xuntos antes de empezar este encontro.

IMG_3268 (Copiar)O partido estivo entretido, inda que finalmente gañou o Rio Ulla por 68 a 46, nunha nova exhibición de bo xogo.

IMG_3277 (Copiar)E ó rematar o encontro empezaba a festa de celebración, con tarta incluída.

IMG_3289 (Copiar)A directiva do club; Andrés Quintá, patrocinador; e membros da corporación cesureña fixeronse a foto acompañando ás campionas.

IMG_3317 (Copiar)Correspondeulle a Noelia, coma responsable última deste título ligueiro, facer os honores de cortar a tarta das campionas.

IMG_3320 (Copiar)

IMG_3321 (Copiar)

IMG_3319 (Copiar)Tarta que foi saboreada polas xogadoras, adestradores, directiva, pais e público que nos acompañou nesta festa.

¡¡¡ PARABENS CAMPIONAS !!!

MIRIAM GARCIA LESENDE DEBUTA CO EQUIPO DE LIGA FEMININA 2 DO CORTEGADA

0 roupa

A cesureña Miriam Garcia  Lesende debutou estes pasados días atrás co equipo senior da AD Cortegada, o Portomar Cortegada, que milita na 2ª máxima división do baloncesto feminino. Foi o pasado sábado 5 de outubro, nun amistoso en Pontedeume entre o seu equipo e o Universitario de Ferrol. A nosa veciña xa tuvo oportunidade de saltar á cancha e xogar uns minutos.

1 xogandoAqui a podemos ver o día do seu debut.

A crónica completa dese partido está no seguinte enlace:

CRONICA FERROL

Este pasado fin de semana repetiu, e xogou en Vilagarcía uns minutos do partido das maiores contra o potente equipo Balear do Instituto Fertilidade Air Europa.

A crónica deste outro partido está aquí:

CRONICA INSTITUTO FERTILIDADE AIR EUROPA

Hai que recalcar que esta xogadora, que se iniciou na escola e nos equipos de minibasket do CB. Rio Ulla inda é xogadora do equipo xuvenil do seu club, pois conta 17 anos (naceu en 1996). Leva xogando na AD Cortegada 6 anos. Froito do seu traballo e esforzo, chégalle agora esta oportunidade de xogar cas maiores nunha liga que é escaparate cara metas mais grandes.

¡¡¡ Parabens e non deixes de intentalo !!!

BALONCESTO: ESTE FIN DE SEMANA DISPUTANSE OS PRIMEIROS PARTIDOS OFICIAIS DA TEMPORADA 2013-14

ESCUDO OFICIAL

Os primeiros partidos oficiais das ligas da temporada 2013-14 son esta próxima fin de semana.

– O equipo xunior feminino xogará este sábado 12 ás 12 da mañá en Pontecesures diante do Pio XII de Santiago de Compostela.

– O cadete feminino que o fará o domingo 13 xogando a partir das 5 da tarde en Pontevedra contra o Arxil B.

– E o equipo xunior masculino tamén empeza xogando o domingo ás 5 no campo do Dorna de A Illa de Arousa.

– Ademais, o equipo senior xoga este sábado día 12 ás 8 da atrde un partido amistoso contra os vilagarciáns do Sigaltec BBC Liceo, da súa mesma liga, de cara a iniciar a liga de 3ª autonómica que se iniciará a vindeira semana.

Fora destes 4 equipos, temos outros 6 equipos máis esperando para empezar as suas ligas: 1 infantil feminino, 1 infantil masculino, 2 alevíns feminínos, 1 alevín masculino, e os pequenos/as do equipo de categoría benxamín mixto. 10 equipos federados (nunca antes tantos tivéramos namesma temporada), e xa 110 deportistas federados, ou tramitando nestes días as suas licencias. Caras novas en moitos dos equipos para completar planteis, sobre todo nos equipos base. De feito, está aberta a posibilidade de que calquera rapaz/rapaza que queira participar veña a anotarse e o poida facer.

Os horarios definitivos para este inverno, no polideportivo de Pontecesures, son os seguintes:

FOTO HORARIOSMais información,  polas tardes, dentro deste mesmo horario, no polideportivo de Pontecesures.