Movida cesureña
KOMPLO CELEBRA O XI ANIVERSARIO
O próximo fin de semana, *Kompló* celebra o XI aniversario. Un aniversario diferente no cal poderanse gozar unhas instalacións totalmente renovadas, que ofrecerán un novo concepto de local. Un local no que se permitirá gozar un ambiente diferente polas tardes, transformándose no *Kompló* de sempre entrada a noite.
Será o Venres, Sábado e Domingo, e durante estes tres días celebraranse numerosas festas tales como Bacardi, Bacardi Limón, 100 Pippers, JB, Havana Club…
Máis de mil agasallos, sorteos entre os que se atopa unha consola Nintendo, Go-gos, azafatas, animación, degustación de canapés, invitacións, e ademais, regalaremos as novas camisetas.
Venres a partir das 23:00, Sábado a partir das 21:00, coa retransmisión do Barcelona-Madrid no local nas novas pantallas, e Domingo a partir das 18:00 da tarde, dirección e persoal esperan a clientes e amigos para gozar un ano máis dunha festa inesquecible.
Turismo
II Feira de Abril e II Concentración Cabalar de Pontecesures
A Asociación de Hostelería de Pontecesures, coa colaboración do Concello, está a ultimar os preparativos da «II Feira de Abril» e «II Concentración Cabalar » que se levará a cabo o vindeiro sábado 19 de Abril.
As actividades comenzarán a partir das 16:30 da tarde coa apertura da carpa na zona portuaria. A esa hora empezarán a chegar os cabalos e carrozas para realizar un percorrido polas rúas do pobo. De seguido comenzarán as actividades folclóricas a cargo dos grupos «MIGUEL Y TRIANA», «LOS CAIRELES DE VIGO», e un toque de humor coa representación do grupo «OS MALDADOS» de Padrón.
Unha vez rematado o programa de actuacións, a festa continuará nos locais organizadores ata a madrugada. Cafetería NU-2, VÍCTOR GARCÍA, LA SAL, LA TENTACI?N DE BES, BAILA CONMIGO, LA NOCHE E KOMPLO, que ofrecerán unha degustación gratuita con cada consumición de «Manzanilla» ou «rebujito», bebidas típicas andaluzas, durante toda a xornada.
Servizo de barra coa degustación de pinchos e bebidas típicas andaluzas , sorteo de un mantón de manila, e unha ambientación evocadora ás terras do sur, complementarán as actividades desta feira que, en previsión das condicións metereolóxicas, celebrarase baixo unha gran carpa.
Queremos dende este medio, animar a veciños e visitantes a participar nesta festa, agradecerlle aos moitos que están preparando o vestuario para a ocasión e aos participantes na concentración cabalar a súa presenza, e como non, un agradecemento especial ao Concello de Pontecesures, e á Diputación de Pontevedra, pola súa colaboración. [photopress:100_5869_web.JPG,full,centered]
Movida cesureña
RESULTADOS CONCURSO DE ENTROIDO ASOCIACI?N HOSTELERÍA PONTECESURES
Logo da xuntanza dos locais organizadores do concurso de Entroido de Pontecesures, promovido pola Asociación de Hostelería, resultaron gañadores os seguintes participantes.
GRUPOS
1º Premio: 400?: ??A Arrincadeira?
2º Premio: 250? ??O Circo?
PARELLAS
1º Premio: 150? ??Hulk Hogan e Diva?
2º Premio: 100? ?? Epi e Blas?
Dada a alta participación, e a dificultade para decidir o xurado, estableceronse de forma adicional uns terceiros premios consistente nunha noite de copas de balde para os seguintes participantes:
3º Premio grupos: ??O Equipo A?
3º Premio parellas: ??House and Company?
Agradecer a todos os concursantes a súa participación, os esforzos realizados tanto no disfraz como na súa posta en escena, destacar o aumento considerable de participantes con respecto ao ano anterior, e agardalos de novo para o ano vindeiro.
A entrega de premios será feita mañá venres a seis da tarde en RADIO VALGA. Agradecer tamén a este medio a súa colaboración.
Movida cesureña
CONCURSO DE ENTROIDO
Este sábado de entroido, varios locais de Pontecesures, agrupados na Asociación de Hostalería, organizan un concurso de disfraces.
Para participar, só é necesario apuntarse en calquera dos locais organizadores, Cafetería NU-2, Víctor García, Pub La Sal, Baila Conmigo, Tentación de Bes, La Noche e Komplo.
Cada local fará a súa puntuación independente, e a suma destas será o que determine aos gañadores do concurso. ? importante visitar o maior número de locais avisando que se está participando, pois cada establecemento é un membro do xurado.
Os premios están distribuídos da seguinte forma:
GRUPOS
* 1º- 400?
* 2º- 250?
PARELLAS
* 1º- 150?
* 2º- 100?
Grazas á colaboración de RADIO VALGA, farase alí a entrega de premios durante a emisión habitual do programa da tarde do venres oito de Febreiro, avisando con antelación telefonicamente os gañadores para que poidan ir recollelo premio.
Animar desde este medio a participar a todos os veciños e visitantes, agradecer a vosa presenza, e desexar que disfruten o máximo do entroido.