Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Sociedade

CONCURSO DE ENTROIDO

Por Javier F. ·

Este sábado de entroido, varios locais de Pontecesures, agrupados na Asociación de Hostalería, organizan un concurso de disfraces.

Para participar, só é necesario apuntarse en calquera dos locais organizadores, Cafetería NU-2, Víctor García, Pub La Sal, Baila Conmigo, Tentación de Bes, La Noche e Komplo.

Cada local fará a súa puntuación independente, e a suma destas será o que determine aos gañadores do concurso. Ã? importante visitar o maior número de locais avisando que se está participando, pois cada establecemento é un membro do xurado.

Os premios están distribuídos da seguinte forma:

GRUPOS

* 1º- 400â?¬
* 2º- 250â?¬

PARELLAS

* 1º- 150â?¬
* 2º- 100â?¬

Grazas á colaboración de RADIO VALGA, farase alí a entrega de premios durante a emisión habitual do programa da tarde do venres oito de Febreiro, avisando con antelación telefonicamente os gañadores para que poidan ir recollelo premio.

Animar desde este medio a participar a todos os veciños e visitantes, agradecer a vosa presenza, e desexar que disfruten o máximo do entroido.

Máis sobre isto

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.