Reparada a avaría do alumeado da estación de ferrocarril de Pontecesures.

Onte pola tarde/noite non estivo operativo o alumeado dos andéns e da marquesina da estación, e houbo queixas de usuarios por este motivo. Incluso a obscuridade ocasionou que se suspendera a enquisa que se estaba a facer, por encargo de ADIF, aos usuarios que subían en Pontecesures nos trens da noite.
Pois ben; ás 23:30 horas de onte, e logo de facer as xestións oportunas, quedou arranxada a deficiencia.
O alumeado funciona hoxe con normalidade e hai que agradecer a ADIF a celeridade para resolver o problema.

Pontecesures, 07/11/13

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures

El entierro de Julia Refojo Bascuas es mañana, día 7 de noviembre.

Por error, se indicó que el sepelio de esta cesureña de 83 años fallecida en el día de ayer en Vilagarcía era hoy a las 16 horas, cuando es mañana 7 de noviembre saliendo la comitiva fúnebre del Tanatorio de Arousa de Vilagarcía a las 16 horas hacía la Iglesia Parroquial de Pontecesures donde tendrá lugar la misa funeral.
Saldrá un ómnibus a las 14:45 h., desde Porto (Plza. dos Valeiros), para la asistencia al sepelio y regreso.

Escrito da ACP sobre a suspensión das actividades no ximnasio do CPI Pontecesures.

Sr. D. César Augusto Pérez Ares
Xefe Territorial de Educación de Pontevedra

O día 25 do pasado mes de outubro xa se lle comunicou que as pingueiras no ximnasio do CPI Pontecesures estaban a causar problemas para o desenvolvemento das actividades docentes (houbo que colocar caldeiros no solo) e a danar o piso de madeira do recinto.

Pois ben; nada se fai e agora veñen as consecuencias. No día de hoxe, por mor de estar a madeira levantada, suspendéronse as actividades escolares e extraescolares no ximnasio, ata que o piso sexa recolocado ocasionándose os conseguintes gastos.

Unha vez máis solicítase a reparación urxente da cuberta do ximnasio que é unha responsabilidade da Xunta de Galicia pois, como todos sabemos, quedou con deficiencias estruturais cando foi construído o edificio. Débese considerar prioritaria esta actuación xa que a comunidade educativa non pode estar cada dúas por tres sofrindo este problema que afecta negativamente a todos.

Pontecesures, 06/11/13

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures

Agradecemento ao ADIF polos traballos realizados na Estación de Pontecesures.

Hai uns días a ACP solicitou ao ADIF a limpeza e o acondicionamento do canalón da marquesina do andén principal da estación xa que con estas choivas que temos filtrábase auga que baixaba pola fachada e inutilizaba unha zona de espazo de abrigo para os viaxeiros. Tamén foi solicitada a recolocación dalgúns paneis do teito da marquesina que se atopaban parcialmente despegados por mor das augas.

Pois ben: foi ben rápida a reacción do ADIF pois xa foron realizados os traballos para satisfacción de todos. ? máis, este vez sen tanta celeridade, tamén foi reparado a maiores o tellado do edificio anexo ao principal da estación (onde se atopaban antes os aseos). Xa hai tempo a ACP solicitara este arranxo pois aínda que este anexo non se utiliza, estábase a danar toda a estructura da edificación por mor da filtración das augas e transmitíase unha imaxe de abandono que prexudicaba a este servizo público.

Pontecesures, 05/11/13

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures