El Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia advirtió infracciones a la Ley de Contratos del Sector Público.
Fachada del Consistorio valgués.
El Concello de Valga ha anulado el concurso para la redacción del proyecto de la senda peatonal y ciclable que conectará Castiñeiras con Ponte Valga, después de que el Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia interpusiese un recurso contra el concurso por apreciar irregularidades en las bases e infringir la Ley de Contratos del Sector Público.
Así lo denunció ayer el BNG del municipio, que considera lo sucedido como “unha nova mostra da deficiente xestión administrativa e económica que realiza o goberno municipal e que fai que o Consello de Contas tivera ao Concello dentro do seu programa de fiscalizacións para o ano 2024”.
Así, el Colexio Oficial de Arquitectos presentó un recurso de reposición ante la propuesta de licitación del contrato al entender que las mejoras que se valoraban como criterios de adjudicación infringían la regulación al no suponer una perfección del contrato, sino que, en la opinión del COAG, suponían prestaciones totalmente independientes que excedían el objeto del contrato distorsionando el equilibrio económico del mismo. Asimismo, el colegio de arquitectos censura el subcriterio “coñecemento do entorno a través de traballos e proxectos realizados na administración local”. Un percepto que, entienden, colisiona con los principios fundamentales de la contratación pública de igualdad y no discriminación y a la libertad de acceso a las licitaciones, al tratarse de un criterio de “arraigo territorial”.
Así, a petición del Concello se emite un informe jurídico firmado por un servicio externo en el que se concluye que se debe anular el proceso de licitación y desistir del proceso de adjudicación. En cualquier caso, el Concello ha vuelto a sacar a licitación el proyecto de la senda en cuestión, una vez el anterior proceso se ha anulado.
Turistas en el puerto de Vilanova, en una imagen de archivo.
El Consello da Xunta autorizó este lunes la suscripción de un convenio para la puesta en marcha del Plan de Sostenibilidad Turística del geodestino Mar de Santiago, en el que se invertirán 1,7 millones de euros y que se desarrollará hasta 2026.
Se trata, ha informado la Xunta, de una de las tres estrategias de sostenibilidad en destino autorizadas por el Consello dentro del Plan territorial de sostenibilidad turística en cascos históricos y villas termales, diseñado por el gobierno autonómico con fondos europeos NextGeneration.
El ejecutivo gallego explica que este convenio consta de una estrategia de sostenibilidad para este recorrido marítimo fluvial, realizado con la Asociación Mar de Santiago —que comprende los concellos de Vilanova, Catoira, Valga y Pontecesures— con el que se busca la mejora de la gestión turística del destino incrementando la calidad de sus productos y servicios turísticos, incluyendo actuaciones como la recuperación y restauración de hábitats, puesta en valor de recursos naturales, diseño y puesta en marcha de un sistema de reducción de consumo energético y la creación de nuevas experiencias turísticas, entre otras acciones.
Con la autorización de estos tres convenios —Mar de Santiago; centro histórico de Ferrol y patrimonio militar de la Costa Ártabra; y Ribeira Sacra— la Xunta tiene en marcha ya los ocho planes en destino incluidos en el Plan territorial de sostenibilidad turística de villas termales y cascos históricos, que cuenta con una inversión global de 23 millones de euros y que incluye, además de estas estrategias, la puesta en marcha de medidas destinadas al sector y a concellos, a través de líneas de ayudas que se irán diseñando a lo largo de este año, según explicaron fuentes autonómicas.
Esta estrategia se suma a los planes turísticos del litoral (2022-2024) y de enogastronomía (2023-2025), con una inversión global que asciende a los 87 millones de euros.
O vindeiro 25 de xuño ás 11:00 horas no Centro Social, o Concello de Pontecesures, en colaboración coa Asociación Ecoloxista Adega, organiza unha actividade dirixida ás cativas e cativos.
O obxetivo da mesma é concienciar ás nenas e nenos na importancia da reciclaxe dende a orixe e compromiso co medio ambiente a través da recuperación e a reutilización dos residuos que xeramos a diario.
Actos do 50 aniversario do Instituto Camilo Jose Cela de Padrón (creación do Instituto de Bachiller Mixto curso 1973/1974, ainda que en realidade a institución comezou “Colegio Libre Adoptado” en outubro de 1967).
Empezou nun edificio,que despois seria FP,que foi derribado para facer o Auditorio de Padrón. O actual edificio do IES Camilo Jose Cela é de 1982. Gracias a este instituto moitos rapaces e rapaces da comarca do Ullán puideron acceder a unha mellor educación e de aí seguir na Universidade. Neste centro cando eu estudiaba,que era o único sitio onde se podia estudar BUP, era o centro de referencia para Pontecesures, Valga, Dodro, Rois, Valga e incluso viñan de Lampai (Teo), Taragoña e O Araño (Rianxo).
Este lugar foi moi importante para poñer en contacto e convivir a mocidade de toda a comarca, que cousa que coa creación dos CPI de Pontecesures,Dodro e Rois, o IES de Valga ou ampliación a ESO e BACH do IES Macias O Namorado de Padrón,que antes era solo de FP, pois fai que unión e conexión que habia antes pois se rachara….o conto tamén que aumentaronse os servicios educativos e fai que teñamos nun radio de pouco máis de 3 kms. concentrados 3 IES, 2 FPs e 3 CPI, coma o nivel dunha cidade importante,para 24.000 habitantes.
Aos 70 anos de idade finou hoxe Lydia Angueira Viturro, que estaba casada con José Manuel Rial Reboiras. O velorio está instalado no Tanatorio Iria Flavia. O funeral terá lugar mañá, luns ás 16:40 horas, na Igrexa Parroquial de San Xulián de Laíño. De seguido os restos mortais recibirán sepultura no camposanto parroquial.
Maite Tocino, alcaldesa de Pontecesures, en un acto cultural.
La alcaldesa de Pontecesures, Maite Tocino, salió al paso del anuncio realizado por el Partido Popular sobre la renuncia del gobierno local de ampliar el Club Náutico que, según la regidora, “non se axusta á realidade”. La nacionalista explicó que el ejecutivo mantiene su compromiso por la renovación de las instalaciones que “necesita e merece” la entidad deportiva, si bien se ha optado por descartar el actual proyecto, iniciado en 2019, debido al encarecimiento progresivo del mismo, que recae exclusivamente en el Concello. En este sentido, Tocino indicó que la actuación suponía una inversión de las arcas municipales de 815.000 euros, mientras que la Xunta aportaba una financiación de 700.000 euros. Un desembolso que “condicionaría o resto de inversións que se poderían facer” en el resto del mandato, teniendo en cuenta que el presupuesto municipal es de 2,8 millones de euros.
Así, el bipartito ha optado por preparar un proyecto alternativo “adaptado as posibilidades orzamentarias do Concello e axustado ás necesidades reais do Club Náutico”. Por ello, en una reunión mantenida con el secretario general para el Deporte de la Xunta, José Ramón Lete Lasa, el gobierno local ha explicado la situación al gobierno autonómico, que ha expresado su compromiso de mantener la financiación para la renovación de las instalaciones del Náutico, pese a que esta aportación podría variar conforme a la envergadura de la obra presentada por el Concello.
Conformidad de la directiva
El cualquier caso, Tocino subrayó que “en todo momento se falou ca directiva do Club Náutico”, que, según la alcaldesa, “non estaba tampouco de acordo en algunhas das actuacións” proyectadas en la propuesta inicial y que “concordaba” con el Concello en que la actuación “se foi de nai” ante el encarecimiento de precios.
Asimismo, Tocino explicó que también son conscientes de los plazos que conlleva iniciar un nuevo proyecto, ya que se retomará desde el inicio según las necesidades del Club Náutico y de las posibilidades económicas del Ayuntamiento cesureño.
Por otra parte, la alcaldesa reiteró que “non podemos comprometer a capacidade financieira do Concello para actuar en outras zonas” que considera de interés general. Uno de estos ejemplos es el campo de fútbol, del que la nacionalista advierte de diferentes deficiencias en los vestuarios, cubiertas y accesibilidad, por lo que se plantea una actuación necesaria para su arreglo y acondicionamiento.
O director do IES de Valga defende a igualdade de oportunidades na educación e alerta da deriva da convivencia na comunidade escolar.
Eliseu Mera é titulado no Grao Profesional de Guitarra e no Grao Superior de Canto, ademais de catedrático de Música. Licenciado en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela, dispón tamén do Bachellor of Arts in Communication, equivalente a un grao superior español, pola University of Glamorgan, a actual University of South Wales. O Máster en Artes Escénicas da Universidade de Vigo completa o seu currículo de titulacións.
O director do IES Plurilingüe de Valga traballa desde hai tres anos na súa tese de doutoramento en Teoría da Literatura pola Facultade de Filoloxía da Universidade de Vigo, cun estudo sobre a relación entre Rosalía de Castro e a música, baixo a dirección de Anxo Angueira.
Leva desde os 6 anos estudando a música e, camiño dos 50, niso segue no medio da tarefa titánica de xestionar o día a día dun instituto de Secundaria e de FP con 393 alumnos que, xunto a un grupo de compañeiros, se empeñou en mudar para facer real a premisa de que a educación debe ser igual para todos. Mentres prepara unha tese doutoral sobre a relación de Rosalía de Castro e a música e pelexa por un conservatorio profesional no seo do seu instituto que complemente o centro superior da localidade, Eliseu Mera (Ramirás, 1976) dirixe o IES Plurilingüe de Valga coa mente aberta e a visión crítica de quen combinou estudos superiores musicais e dous títulos universitarios de Xornalismo e de Comunicación, en Santiago e en Gales. Activista da pluralidade dunha sociedade, lamenta, cada vez máis alporizada e polarizada, afánase xunto ao claustro do centro en tratar de vacinar os seus estudantes contra o sectarismo a través do uso responsable das novas tecnoloxías.
No 2001 Mera sacou, á primeira, as oposicións a profesor de Música en Secundaria, poñendo fin á súa breve experiencia na comunicación. Hai sete anos chegou a Valga, desempeñando pronto cargos executivos e asumindo a dirección do instituto no 2020. Escoitándoo, máis que a un cargo de prestixio social, Mera semella atado aos doce traballos de Hércules: «O traballo de director nunca acaba. Son incontables as horas que se botan en atender cada cousa que hai: compras de material, matrículas, seguimento de alumnos que se forman en empresas, xestión do persoal, chamadas da consellería preguntando por programas en marcha, alumnos con problemas de conduta, familias que veñen falar coa dirección, atención a casos de malos tratos, de risco de suicidio, de rapaces en risco de exclusión… Ás veces salta a alarma do instituto ás tres da mañá e tes que ir aló». E todo, impartindo ademais a súa materia, con sete horas de clase semanais. «A función da dirección debera estar profesionalizada, cun corpo específico de directores, como o de inspectores», defende Mera.
Con todo, no debe do cargo non está tanto a carga enumerada como o cariz dos conflitos que os cambios sociais e tecnolóxicos están a xerar nas aulas: «Cando un menor ten un móbil e se conecta ás redes sociais sen ningún tipo de filtro, non ten capacidade de valorar o que ten base real. Desde o centro participamos en programas de fomento do uso crítico das novas tecnoloxías entre os nosos alumnos e facemos fincapé na necesidade de que as familias controlen o uso que fan os seus fillos do móbil».
Neste punto, Mera pon o foco nun segundo problema na educación que hoxe ameaza con situarse ao nivel do mal uso que os estudantes poidan facer das novas tecnoloxías; o que fan destas algúns pais: «Hai un problema cos famosos grupos de WhatsApp das familias, nos que acaba levando a voz cantante o máis crítico, porque hoxe está mal visto defender o profesor. Chégannos comentarios de familias de cousas que reciben por WhatsApp ou por Facebook que nunca sucederon ou que están manipuladas. A confianza que debera haber entre a comunidade educativa estase perdendo. A presunción de inocencia non existe, os profesores somos culpables. Iso é negativo, sobre todo para os alumnos, porque se lles introduce ruído». E dío quen viviu a amarga experiencia de topar na rúa cunha nai acompañada do seu fillo berrándolle ao seu director, algo impensable ata hai non moito. «Téñenme dito: ‘‘Eu teño que defender o meu fillo” Pero de quen? Nós estamos para axudar. Se sucede calquera cousa o que temos que facer é falar, intercambiar pareceres e elaborar unha estratexia para o ben do alumno», explica Mera.
O director fala dun estado de cousas que avanzou progresivamente, pero que se acelerou desde hai uns tres anos. Máis que pola pandemia, opina, «por unha cuestión xeracional das familias». O xornalista que tamén hai nel, o cidadán que segue con atención a actualidade subscrito a varios medios de comunicación, debuxa unha sociedade na que «hai un sectarismo en todos os ámbitos ideolóxicos que non había hai 20 anos; hai menos puntos de diálogo porque as redes fomentan nichos, e mesmo guetos ideolóxicos que impermeabilizan as persoas ante outras opinións sobre o mundo. Iso preocúpame moito», polo que reivindica «unha maior concienciación da xente de que a información é unha cousa seria; hai que informarse a través dos medios tradicionais e rigorosos e non facer caso ao primeiro falabarato que difunde noticias falsas».
Entre tanto motivo de desánimo, que é o que leva a Eliseu Mera a seguir adiante? Ver que mellorar a educación é posible: «No 2020 un grupo de profesores que compartimos que os alumnos do rural e con menos recursos deben ter as mesmas oportunidades co resto quixemos implementar novas liñas de traballo no centro, potenciando as ensinanzas STEM (científico-técnicas) e con métodos inclusivos que respecten o ritmo de todos os alumnos. E iso —conta— está dando os seus froitos».
Unha paixón de toda a vida. Eliseu Mera non recorda a vida sen música. Na foto, aparece con catro anos na casa dos seus avós maternos, en Allariz, tocando a guitarra dun dos seus tíos.
Titulacións. Eliseu Mera é titulado no Grao Profesional de Guitarra e no Grao Superior de Canto, ademais de catedrático de Música. Licenciado en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela, dispón tamén do Bachellor of Arts in Communication, equivalente a un grao superior español, pola University of Glamorgan, a actual University of South Wales. O Máster en Artes Escénicas da Universidade de Vigo completa o seu currículo de titulacións.
En proxecto. O director do IES Plurilingüe de Valga traballa desde hai tres anos na súa tese de doutoramento en Teoría da Literatura pola Facultade de Filoloxía da Universidade de Vigo, cun estudo sobre a relación entre Rosalía de Castro e a música, baixo a dirección de Anxo Angueira.