Restablecido el abastecimiento de agua en Padrón, Boqueixón y Pontecesures.

La Consellería de Medio Ambiente informó hoy de que quedó restablecido el abastecimiento de agua en los municipios de Padrón, Boqueixón y Pontecesures, tras ser interrumpido de forma preventiva el viernes como consecuencia del vertido de 5.000 litros de aditivos de hormigón procedente de los depósitos situados en las obras del AVE al Río Toxa, en Silleda (Pontevedra).

En Merza, municipio más cercano al lugar donde se produjo el vaciado del fluido, la captación de agua continúa cerrada. El equipo de Conservación da Natureza e Aguas de Galicia, dependiente del área de Medio Ambiente, determinó que no se produjo mortandad piscícola en el río y aseguró que el vertido “está controlado”.

Según indicó la consellería, el operativo continuará tomando muestras de agua y realizando labores de limpieza en el cauce del Toxa durante todo el día de hoy. Desde que se conoció el incidente, los 20 técnicos trabajaron en la colocaron balsas de contención para contener el avance del fluido.

El aditivo de hormigón procedía de tres depósitos que se empleaban para las obras del AVE, situadas a 400 metros del río. Hasta el momento se desconocen las causas que provocaron el derrame, pero todo apunta a que fue intencionado.

La empresa Canteras Industriales del Bierzo S.A. denunció ayer el “sabotaje” ante la Guardia Civil de Lalín y está convencida de que “fue provocado”. Así, señaló que ya están tomando medidas junto con la empresa Ute do Carbo, encargada de las obras del AVE, para evitar incidentes similares en un futuro.

EL CORREO GALLEGO, 23/11/08

Por precaución, a Xunta solicitou que non se bombee auga do río Ulla para o subministro a Pontecesures.

Na noite do pasado venres, houbo un vertido duns 5.000 litros de aditivos de formigón ó río Toxa (Silleda) afluente do Ulla. A Consellería de Medio Ambiente comunicou ao concello que non se bombease auga dende a Barca para o subministro de Pontecesures por precaución, aínda que anunciou que o vertido estaba controlado e non chegara o producto contaminante ó río Ulla.
Estase a utilizar, ata o de agora, auga procedente dos pozos do monte, e esta incidencia non afectou ó subministro.

Miguel Piñeiro: “A miña paixón pola lamprea herdeina do meu pai, Piñeiro Ares”.

Miguel Piñeiro Moure é xornalista e escritor pero ante todo, pescador. Nado en Catoira, a súa actividade profesional na radio comeza en 1983 como locutor en varias emisoras. Na actualidade, desenvolve a súa actividade na Radio Galega onde presenta un programa cada sábado sobre a súa actividade favorita: a pesca. Á marxe da súa profesión, Piñeiro ten colaborado con varios medios de comunicación ou escritos, non só de Galicia, para tratar diversos aspectos do mundo dos ríos.

Pero a súa actividade non está concentrada só nos medios de comunicación senón que tamén realiza conferencias en varias sociedades de pesca galegas para dar a coñecer mellor a actividade da pesca. As súas publicacións están case todas relacionadas coa arte, aínda que tamén tivo un oco á luz unha obra sobre o mítico xogo do “Mus” ou do pintor padronés “Carlos Bóveda”.

Ao longo sa súa carreira tamén ten recibido varios galardóns, entre os que destacan o Premio Galicia de Xornalismo Deportivo da Federación Galega de Prensa Deportiva en 2005 ou a Insignia de Prata da Asociación de Pescadores da Ulloa, en 2007. Onte presentaba no “Chef Rivera” de Padrón, a súa derradeira publicación: “Lampreas e pesqueiras: historia, artes de pesca e receitario”.

¿Como empeza o sue amor pola pesca?
Sendo de Catoira e vivindo case toda a miña vida entre Cesures e Padrón, e sendo fillo de pescador é lóxico que me dese por aí.

¿Como e cando se especializa no jxornalismo de pesca?
A primeiros dos noventa comecei a colaborar con revistas e medios especializados en pesca froito de congresos e reunións con xornalistas. Na Radio Galega puxen en marcha, pouco despois, no 93, o programa de pesca fluvial.
Intensifiquei a miña participación en medios e logo tiven a sorte de que Ediciones Tutor de Madrid me propuxera que escribira algo sobre o tema.
Tamén debo indicar que hai quen pensa que vivo da pesca e isto non é certo, eu vivo do xornalismo por iso pertenzo á plantilla da Radio Galega.

Á marxe da pesca, ¿hai algunha outra cousa á que lle gusta adicar o tempo libre?. Dígoo sobre todo polo libro de mus que publicou hai uns anos…
Bueno, eu na pesca distinguiría pescar de escribir de pesca. ? dicir, pescar e o ambiente social da pesca é o meu pasatempo predilecto pero escribir libros de pesca é unha paixón como é o xornalismo de pesca. Este último levóume a fundar o Xornal Trueiro hai un ano.
E, en efecto, gústame moitísimo xogar ao mus, como tocar a batería (teño un tema de 1974).

¿Hai algun estilo de pesca que sexa o seu favorito?
Sen dúbida a pluma ou buldo. Nunca desboto botar unha culleriña, ou pescar á mosca seca coa cola de rata, pero o buldo…
¿Como empezou a interesarse pola lamprea, un peixe que está moi presente no río Ulla?
Bueno, a paixón pola lamprea, ven do meu pai, Xosé Piñeiro Ares, quen escribiu máis de cen artigos en prensa adicados a este singular peixe, e ademais a tradición familiar de varias xeracións na preparación da lamprea fixo o resto.

Para realizar este libro, ¿como conseguiu que os prestixiosos restauradores Ferrán Adriá e Juan María Arzak realizasen cadanseu prólogo?
Debo dicirche que ambos sse mostraron moi ilusionados cando lles pedín a súa colaboración. Para mín e toda unha honra e unha xustiza que se fai a este ciclóstomo. Para eles non teño máis que recoñecemento e agradecemento.

¿Como e que cambian as formas de pesca dependendo dos ríos?
No Miño e no Ulla se utiliza o butrón pero cambia a técnica e a colocación nas pesqueiras. No Tea se captura con fisga dende estacadas. Son tradicións de tantos séculos…

¿Como foi o traballo de recompilación de información para este libro e que tempo lle levou realizalo?
Ufff. Levo case sete anos de traballo coa recolleita de material documental porque seguirlle a pista á dcumentación histórica é un traballo lento, nada doado pola falla de inventarios, en fin que foi a peor parte. Imaxínate buscar información no Cabildo de Santiago, no de Tui, en mosteiros, en bibliotecas, en pazos…

¿Por que dicidiu incluír un receitario sobre a lamprea? ¿Que restauradores se prestaron a desvelar os seus segredos?
Porque a lamprea non se pode pescar a nivel deportivo senón a nivel profesional e tendo un tirón tan senlleiro na nivel gastronómico, o receitario era unha obriga. Nel colaboraron Pedro Subijana, Chef Rivera, Toñi Vicente, Miguel González Aguiar e varios restaurantes galegos. dende Arbo á Coruña, pasando por As Neves, Pontecesures, Valga, Catoira, Rois, Santiago…Algúns prestixiosos restauradores a nivel nacional declinaron participar por non teren lamprea na jsúa carta.

¿Ten algún proxecto de futuro a curto e medio prazo?
Varios. Estou dándolle voltas a un diccionario galego de pesca á mosca e a un libro sobre o salmón, pero me chama moito un proxecto de Alberto Torres no que me vou volcar plenamente.

Á marxe das publicacións tamén leva a cabo outras actividades de pesca, ¿cre que este mundo precisa de máis promoción? ¿Cal é a súa intención?
O mundo da pesca é un factor de dinamización social e económica do pais. En Galicia hai cen mil galegos con licenza de pesca de río e uns trinta mil con licenza de mar. ¿Alguén se parou a estudar a fortaleza económica da pesca deportiva?. Eu non o vou facer, a min cónstame.

Entrevista de Lidia M. Gallas Otero. Especial “Arousa, un mar de cultura”.
DIARIO DE AROUSA, 23/11/08

Cambio en el horario de misas semanales de la parroquia cesureña.

El horario de las misas que se celebraban en la iglesia cesureña de lunes a viernes por las tardes, cambia para todo el período invernal. Hasta ahora se celebraban a las 19:30 horas, y a partir de mañana lunes, estos actos religiosos se celebrarán a las 19:00 horas.
También se adelanta el horario de la misa de tarde de los sábados. Hasta ahora era a las 18:30 horas y a partir ya del próximo sabádo día 29 de noviembre, la misa es a las 18:00 horas.

Tragsa precisa contratar peóns e capataces. Prazo para presentarse: 5 días.

Na edición de hoxe de “La Voz de Galicia”, aparece o seguinte anuncio:

TRAGSA, selecciona para a súa delegación na provincia de Pontevedra,
-Peóns para limpezas e mantemento en marxes de viais, canles, ríos e de espazos naturais (Rfa. Peón-PO)
-Capataces, para as mesmas tarefas (Rfa. Capataz-PO)

Zonas de traballo.
I Comarca Caldas-O Salnés.
II Comarca O Morrazo-Pontevedra.
III Comarca Vigo-Baixo Miño.
IV Comarca Deza-Tabeirós.
V Comarca A Paradanta.

Requisitos.
Experiencia nos traballos propios da categoría.
Mobilidade xeográfica dentro das zonas descritas.

Valorarase:
Experiencia no manexo de motoserras e motodesbrozadoras.
Ter recibida formación básica en P.R.L.
Ter carnet de conducir tipo B.

O prazo máximo de recepción de currículos é de cinco días naturais, dende hoxe que foi cando se publicou o anuncio.
Os interesados/as deben enviar urxentemente o curriculo, indicando se é para péon ou para capataz e tamén a zona de traballo da preferencia das indicadas. No sobre hai que indicar o seguinte enderezo: TRAGSA, Apartado de Correos nº 388, 36080 PONTEVEDRA.