O Bloque Nacionalista Galego, a través do seu voceiro no Congreso, Francisco Rodríguez, insistiu onte que o seu apoio ós Presupostos Xerais do Estado teñen como condición que estes inclúan unha partida suficiente para crear un tren de cercanías entre Vigo-Pontevedra, Santiago-Vilagarcía y A Coruña-Ferrol-Betanzos. Neste sentido, os nacionalistas explican que nas contas iniciais se prevén 78.000 euros, unha cantidade que, engadiu Rodríguez, non é suficiente. Asegurou que “non abonda con activar o servizo, senón que hai que realizar un grande esforzo de comunicación pública e de promoción para que a xente suba ó tren”.
Un vecino de Valga fallece en la estación de Vilagarcía por una supuesta sobredosis.
Un vecino de Valga que responde a las iniciales J.C.C. y con 35 años de edad apareció muerto ayer en la estación de ferrocarril. Todo apunta a que la causa del fallecimiento pudo ser una sobredosis de heroína, ya que el joven tenía una jeringuilla clavada en el brazo al llegar la Policía.
O grupo “Algueirada” comeza as clases do curso 2007-2008.
Este grupo folclórico cesureño comeza un curso máis as clases de baile galego e pandeireta impartidas por Martín Agrasar e as de gaita impartidas por Miguel Castaño.
Faise un chamamento ós nenos/as que desexen incorporarse ó grupo para que se presenten o mércores día 3 de outubro ás 17,30 horas no pavillón (baile e pandeireta) ou o venres día 5 do outubro as 18,30 no CPI Pontecesures (gaita).
Teléfonos de consulta: 659-352996 ou 653-808040
Acta da selección dun monitor deportivo para a ximnasia de adultos
En Pontecesures, a 27 de setembro de 2007, sendo as 12.30 h. reunido na Casa do Concello de Pontecesures o órgano de selección para 1 posto de Monitor Deportivo, formado polo administrativo do concello D. Ricardo Campos Saborido que actuará como Presidente, a Traballadora Social Dª Raquel López Doce que actuará como vogal; e D. José Rodríguez Fructuoso, Técnico de Emprego, que actuará como vocal e secretario.
Acta de selección de auxiliar administrativo polos Programas de Cooperación 2007.
En Pontecesures, a 26 de setembro de 2007, sendo as 11 h. reunido na Casa do Concello de Pontecesures o órgano de selección para 1 posto de auxiliar administrativo, formado polo secretario accidental D. Ricardo Campos Saborido que actuará como Presidente, a Traballadora Social Dª Raquel López Doce que actuará como vogal; e D. José Rodríguez Fructuoso, Técnico de Emprego, que actuará como vogal e secretario.
Acta de selección de conserxe polos Programas de Cooperación 2007
En Pontecesures, a 26 de setembro de 2007, sendo as 12 h. reunido na Casa do Concello de Pontecesures o órgano de selección para 1 posto de Conserxe, formado polo secretario accidental do concello D. Ricardo Campos Saborido que actuará como Presidente, a Traballadora Social Dª Raquel López Doce que actuará como vogal; e D. José Rodríguez Fructuoso, Técnico de Emprego, que actuará como vogal e secretario.