O Concello de Santiago retira o apoio para o Correlingua do 7 de maio

Xustifica a decisión por problemas económicos e discrepar do manifesto

O Concello de Santiago retira este ano o apoio que concedía para organizar a Correlingua, a proba deportiva de promoción do idioma, programada este ano o día 7 de maio na cidade.

O edil de Cultura e Educación, Ángel Currás, afirma que xa lle comunicou hai unhas semanas á organización que este ano non se pode soster a axuda económica de 4.250 euros que se lles outorgaba, polos recortes orzamentarios e por existir outras prioridades. Días despois reiterou a negativa e acrecentou o desacordo co texto do manifesto, que valora «moi desafortunado». Currás indica que «en modo algún» o Concello colaborará con esa iniciativa, por discrepar con ese manifesto, elaborado por alumnado de cuarto curso de secundaria do CPI de Pontecesures. Porén «se queren celebrar a proba terán que solicitar permiso ao departamento de Tráfico e Seguridade», afirma.

Sorpresa da organización

Xepe Torres, da Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística de Santiago e comarca, e Marcos Maceira, da Mesa pola Normalización Lingüística, como representantes da organización da proba, admiten que Currás lles avanzou que non había dispoñibilidade económica, aínda que si lles prometeu axuda para ceder, instalar e retirar un palco. Días despois comunicou a negativa a calquera axuda, de se non retirar o manifesto.

«Entendemos as dificultades económicas. O que nos desgusta é que o Concello de Santiago, pioneiro na organización do Correlingua, se desentenda desa maneira, e que exerza a censura dun texto elaborado por alumnado de secundaria que evoca un poema de Celso Emilio Ferreiro, neste ano ano que se homenaxea este poeta», afirma Torres. «A Coordinadora mantemos a dispoñibilidade a colaborar co Concello, aínda que non comprendemos que a capital do país, que debía abandeirar a defensa da lingua, teña este actitude», acrecenta Torres.

Alegría de Galicia Bilingüe

A asociación Galicia Bilingüe manifesta a súa alegría por esta decisión nunha carta que envía ao alcalde, Conde Roa, e valora que cumpriu o que lles tiña prometido en decembro.

LA VOZ DE GALICIA, 22/03/12

Traballar máis por menos?

Un comeza a estar xa farto de tanta tontería, de tanto disparate verquido sobre as persoas que traballan na función pública. Funcionarios hainos de distinto tipo, desde os que están mellor tratados até os que están abaixo, en función do tipo de oposición aprobada, do mesmo xeito que na privada os cargos directivos ‘mexan’ por riba do salario do salario que gañan os traballadores e traballadoras.

Cando escoitei hai dous días os anuncios da comunidade de Valencia sobre o carácter docente do mes de xullo, xa me preocupei ao día seguinte de ver como se recollía a nova e, por suposto, non quedas defraudado, xa que sempre, sempre, aparece unha voz para, baixo a apariencia da veracidade, non disimular a súa xenreira(?)/envexa(?) cara ás persoas que traballan na función pública…como se a esa persoa se lle impedise presentarse a eses postos de traballo que tanto denostan.

Vou simplemente reproducir unhas palabras do artigo de opinión (na liña editorial do xornal?) que Sara Carreira deixou escrito en La Voz de Galicia do sábado 17 de marzo co título de “Un gesto ¿práctico?” (p. 28). Recollo os termos da primeira parte do artigo, onde comete o erro de xeneralizar o alcance da nova; na segunda se centra, se ben de forma pouco afondada e con algunha opinión tamén discutible, alude ao alcance da extensión da medida da comunidade valenciana ao resto do Estado…ignorando así que acontece na propia lexislación docente de Galicia.

‘Ahora que todos los trabajadores que tenemos la inmensa suerte de disfrutar de un empleo estamos más horas en el tajo y cobramos menos por ello, parece sensato que los funcionarios, todos, cumplan con su horario, y ya que disfrutan de esas casi dos semanitas de moscosos por la gracia divina no está mal que cumplan con el resto del calendario”

Neste fragmento condénsase todo o imaxinario de xenreira/envexa á que aludía antes. E faino desde afirmacións que cómpre, cando menos matizar e moito.

1º) Na Constitución Española (art. 35) está consignado ??o deber de traballar e o dereito ao traballo (…) e a unha remuneración suficiente para satisfacer as súas necesidades e as da súa familia?. O traballo é un dereito con dereitos, adquiridos despois de moitas décadas de loita obreira. Non descendeu dos ceos. Non. E requiriu o sangue de moitas mulleres que se negaron a seren vítimas dos patriarcas que as sometían nas empresas. De onde, senón, vén o que se conmemora o 8 de marzo.

2º) As condicións laborais estaban determinadas polos convenios colectivos: non hai graza divina. Un dereito negociado mediante a interlocución dos axentes sociais non debe, nin pode ser reducido a unha intervención divina (a menos que a autora sexa crente e pense que Deus si fixo á súa imaxe e semellanza a funcionarios e funcionarias). Os convenios colectivos amparaban ao traballador fronte ao empresario e ofrecíanlle unha protección social.

Como vedes, emprego o imperfecto, xa que a reforma laboral do PP fai que a negociación colectiva desapareza fronte ás necesidades de maximizar beneficios da patronal. A subxectividade non demostrada e doadamente manipulable cárgase a protección social que tiña o traballador fronte ao seu patrón. Iso que impediría que a autora se vexa na obriga(?)/aceptación(?) de traballar máis horas por menos salario.

3º) Traballar máis por menos, non pode, nin debe ser o que se desexe para a clase traballadora. Todo o contrario debera ser a nosa ambición como asalariados e asalariadas: acadarmos un traballo digno, quen de respectar a nosa vida persoal, social e familiar. A columnista non di nada sobre o seu xefe, que é en primeira e última instancia quen a fai traballar máis por menos. Por medo? Por autocensura? De seguro que Albert Camus estaría desencantado. Está de acordo a traballadora coas súas condicións? Traballar máis por menos é realmente unha sorte? A iso chámalle ‘disfrutar’?

4º) Esta traballadora semella ter interiorizado que todos os funcionarios, hoxe, incumpren o seu horario e o seu calendario. Na súa mente repousa a contraposición, defendida polos seus patróns, entre o eido privado, moito mellor, eficaz e eficiente que o público, que debera reducirse (até desaparecer?). Afirmación falsa que pode responder a: un prexuízo, un estereotipo, simple miopía social, a unha burda xeralización desde unha experiencia persoal negativa, etc. Eu non incumpro o meu horario, nin o meu calendario. E como secretario levo 8 anos traballando o mes de xullo. Sei que hai de todo, coma en botica, pero iso non me impide ver máis aló dos tópicos absurdos do imaxinario social (ben potenciado pola prensa afín ao sistema capitalista). Pero non acepto que se sigan degradando as miñas condicións laborais, do mesmo xeito que non quero que se degraden as túas, nin a dos demais. Por iso vou facer folga o 29 de marzo: para non traballar máis horas por menos salario e dereitos.

5º) Meter nun mesmo saco a todos os funcionarios conleva cometer erros coma o de dicir que os funcionarios disfrutan de “casi dos semanitas de moscosos” -con recochineo ben demostrable a través do diminutivo. Eu, que exerzo na función pública docente non sei que son eses moscosos. ? consciente a columnista que na recén aprobada lei de reforma da función pública en Galicia estes se reducen e que non chega nin de lonxe a esas dúas semanas?

E cabe recordar que a nova do día aludía ao corpo docente, a ninguén máis, pero intúese que existian desexos de falar de todos os funcionarios…”porque son todos iguais”: a mesma absurda estereotipación que define á clase política e conduce á desafectación política e, mediante este recurso, á vía libre ao estado de desfeita que vivimos hoxe.

6º) Non entendo a clase traballadora como átomos que viven en dous universos paralelos: privado vs público. Non. Somos asalariados e asalariadas. Dependemos dunha patronal que sempre desexará modificar e degradar as nosas condicións laborais para, con menos gastos, obter máis beneficios. Fronte a esta degradación non cabe a tontería de confrontarnos entre nós, a clase traballadora: cómpre a unión e facerlle ver aos que mandan que temos dereito a un traballo digno e con dereitos.

7º) Baixo a xustificación do déficit en Europa -outra patraña máis como ben demostra o economista Ha-Joon Chang- os axentes do neoliberalismo impoñen as súas receitas de recortes. E, nesa receita adquire unha enorme importancia reducir a función pública porque así se reduce a capacidade de intervención do Estado nos eidos fundamentais da vida pública. E iso, de suceder, significará amputar o futuro das vindeiras xeracións.

Por Xabier Ron
GALICIA CONFIDENCIAL, 20/03/12

A propósito do convento de Herbón.

? un segredo a voces que ben sabido é que non é o inicio do trámite de declaración do Convento de Herbón como Ben de Interés Cultural (BIC) o que está a enfrontar a unha parte dos/as veciñas/as de Herbón. Eu, que me declaro publicamente defensor de dita declaración, fun testemuña como membro da Corporación Municipal, cando se declarou BIC Santa Mª de Herbón, a igrexa parroquial, no 1982. Esa declaración afectaba dende o Rego da Manga ata o río Ulla. Nunca houbo que tirar ningunha casa nin invernadoiro, nin houbo que ocultar nada plantando tullas como maliciosamente agora se está a dicir.

O actual Plan Xeral de Ordenación Municipal foi aprobado, inicialmente en sesión plenaria do 18/22/93 e o 25/01/94 pola maioría da Corpoación do PP. Naquel momento era concelleiro de Herbón José Rivera Magariños que se pronunciou a favor de dito plan no que se ratifica e se amplía considerablemente a zona de protección de Santa María. Nunha houbo ningún problema por iso nin ten porqué habelo.

No pasado outono do 2011 publicase no DOG e no BOE a incoación do expediente para a declaración de BIC do Convento franciscano de Santo Domingo de Herbón. Non foi recurrido nin polo Concello, nin por ningún veciño, nin se presentaron alegacións no prazo legalmente establecido.

O Sr. alcalde e a comisión de goberno están a favor do BIC, do contrario teríano recurrido en tempo e forma. Non se entende doutro xeito sabendo como sabemos que o Sr. alcalde é letrado de profesión e non pode alegar ignorancia. Disto gustaríame preguntar: Sr. alcalde:

– ¿Cómo se pode apoiar agora, fora de prazo, intereses particulares enfrontando a veciños contra veciños?

-¿Cómo se pode defender a xente que insulta e agrede verbalmente con tanta virulencia?

-¿Cómo se pode calumniar ó prior Roberto Freire por tentar transformar o convento nun centro educativo, cultural, terapéutico.. por traballar na dinamización social de Padrón?

-¿Cómo se pode alegar, por parte do Concello de Padrón, que a declaración dun segundo BIC na aldea de Herbón poida dificultar a producción do cultivo do pemento?

E xa por último, señor alcalde,

-¿Cómo se pode chegar a pensar que a comunidade franciscana, histórica iniciadora do cultivo do pemento de Herbón, poida poñer en marcha calquera iniciativa que o dificulte?

Mentres tanto a oposición municipal con maioría absoluta na Corporación, nin está nin se lle agarda. Mentres discuten se o problema é de extrema dereita o de extrema esquerda o sentido común e a forza da razón reclaman solución por ser de extrema necesidade.

Por XOS? GARCÍA LAPIDO veciño de Iria (Padrón) e exconcelleiro do BNG na Corporación padronesa.

Columna “Tribuna Libre”
EL CORREO GALLEGO, 22/03/13

El PSOE de Valga insta al gobierno local a tomar medidas contra las inundaciones.

La Agrupación Socialista e Valga insta al gobierno local a tomar medidas contra las inundaciones del Regato de A devesa pensando en el próximo invierno, ya que “só o factor suerte, debido a un invierno tan atípico, fixo que as familias que habitualmente sofren este problema non teñan que lamentar grandes perdas económicas e a impotencia de ver como as súas propiedades se ven afectadas ano tras ano” señala la portavoz municipal, Carmen Coto.
La edil insiste en que la obra del Regato de la Devesa está sin terminar y que la limpieza acometida en 2011, que costó 5.000 euros, resultó insuficiente para atajar los problemas debido a la proliferación de maleza en el cauce, lo que puede provocar riadas.

DIARIO DE PONTEVEDRA, 22/03/13

La Gerencia del tren de cercanías de Galicia está en el horno.

La ministra Ana Pastor anunciara su futura creación el 9 de febrero, y ayer el conselleiro Agustín Hernández y el presidente de Renfe, Julio Gómez-Pomar iniciaron los trabajos

En su primera comparecencia ante la comisión de Fomento del Congreso de los Diputados, la ministra de este departamento Ana Pastor, anunciara el pasado 9 de febrero que se crearía en Galicia una Gerencia para el tren de cercanías, una revindincación histórica y unánime de los grupos del Parlamento autonómico.

Ayer, el conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, y el nuevo presidente de Renfe, Julio Gómez-Pomar, se reunieron en Santiago, donde acordaron comenzar los trabajos que impulsen este nuevo ente, desde el que se pretenderá mejorar todos los servicios ferroviarios para los ciudadanos gallegos.

En esta reunión se abordaron cuestiones relacionadas sobre las dos redes gallegas, la convencional y la de alta velocidad, actualmente en construcción. Entre lo tratado destaca el intercambio de ideas sobre la mejora de los precios y horarios del Avant S121 (el llamado AVE interno) que cubre la línea A Coruña-Santiago-Ourense.

EL CORREO GALLEGO, 22/03/12

Padrón reúne a la junta de seguridad por la Pascua.

El alcalde, con Guardia Civil y Protección Civil, antes de la cita.

Establece un plan de trabajo para dar cobertura a las citas festivas con mayor afluencia de público.
Padrón reunió ayer la junta local de seguridad para hablar de las próximas fiestas de la Pascua, en un encuentro en el Concello presidido por el alcalde Antonio Fernández y al que asistieron, además, la Guardia Civil, Policía Local y Protección Civil, junto con los concejales responsables de Festexos y Obras, Elena Romero y José Ramón Pardo, respectivamente.

Precisamente fue la edila Elena Romero quien informó de lo hablado en una reunión que calificó de «distendida e cordial» y en la que el gobierno local y las fuerzas de seguridad diseñaron un «plan de traballo» para cubrir las citas con más públicos de las fiestas. El primer punto de ese plan está en el domingo, día en la que llegan a Padrón las primeras atracciones de feria y las caravanas.

Las procesiones religiosas, los eventos deportivos y, por supuesto, los días grandes de fiesta con máxima afluencia, son otras citas que requieren una coordinación de todas las fuerzas de seguridad y protección que reforzarán efectivos día y noche, incluida la presencia de patrullas de seguridad ciudadana.

LA VOZ DE GALICIA, 22/03/12