Educación dotará al colegio de un sistema de calefacción nuevo para bajar el gasto de gasoil.

La persistencia de los problemas con la calefacción del colegio de Pontecesures a pesar del arreglo, a principios de curso, de la caldera, han llevado a la Consellería de Educación a decidirse a dotar al centro de un sistema renovado, de manera que se gane en eficiencia energética para ??alcanzar o confort necesario? en las instalaciones educativas y ??reducir os custos actuais de gasoil, que son realmente excesivos, xa que o gasto dun mes é o que debería corresponder a dous?, explica el delegado de la Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís. Ayer, acompañado por el jefe territorial de Educación, César Pérez Ares, se reunió con la directora del CEIP Pontecesures, María Begoña Regueira, a la que anunciaron la puesta en marcha en breve de un nuevo sistema de calefacción. Se invertirán 58.000 euros para acometer tres tipos de intervenciones: reforma de la sala de calderas y revisión de la chimenea y la caldera, la instalación de la tubería de distribución y del sistema hidráulico, y la revisión del depósito, algo que ??non fixo o Concello e que é obrigatorio cada cinco anos?, incidió Cores Tourís.
El jefe territorial de Educación adelantó que el próximo lunes se desplazarán al colegio técnicos de Educación para coordinar con la comunidad educativa el calendario de trabajos, intentando que influyan lo menos posible en el normal desarrollo de la actividad del centro. Así, se prevé que las obras se ejecuten por Semana Santa, llevándose a cabo por las tardes, de manera que las clases no se vean afectadas.

José Manuel Cores Tourís comentó que la mala situación actual se debe al deterioro que presenta el sistema, que fue renovado en el año 2000. ??Desde entón, e van xa doce anos, o Concello de Pontecesures non executou nin unha soa obra de mantemento, o que provocou o deterioro da caldeira e das conducións, que se foron degradando por mor da corrosión?, lamentó el delegado de la Xunta. Tourís insistió en la obligación que tienen los concellos de realizar obras de mantenimiento en los centros educativos y, además, ??deben ter firmado un contraro de matemento para a caldeira. Esperamos que o Concello de Pontecesures se axuste á lexislación vixente para que este novo sistema de calefacción poida durar moitos anos?.

Satisfacción.
El concejal de Educación de Pontecesures, Roque Araújo, manifestó su satisfacción al comprobar que ??por fin cristalizaron tantos meses de negociacións? y achacó también los problemas surgidos con la calefacción a la ??falta de mantemento da caldeira durante os anos anteriores?, si bien ahora ??firmamos un contrato de mantemento cunha empresa? para evitar nuevos deterioros. El edil apuntó como una de las principales bondades del nuevo sistema de calefacción del colegio que ??vai haber unha zonificación? entre distintos edificios que integran el recinto educativo, de manera que ??a calefacción só chegue a onde é necesarios, a aqueles inmobles que estén ocupados?. Araújo quiso agradecer ??os esforzos e a inversión? realizados por la Consellería de Educación y aguarda que ??a colaboración se manteña durante os próximos anos?.

También el concejal independiente Luis Sabariz, que con insistencia viene reclamando actuaciones de calado en el sistema de calefacción del colegio, se felicitó al conocer que la Xunta invertirá unos 58.000 euros en la renovación de las conducciones y tuberías. Recuerda que su formación política, ACP, ??sempre solicitou a renovación total do sistema? enviando varios escritos al jefe territorial de Educación, ya que aunque la caldera fue arreglada hace unos meses ??as perdas de auga nas tubarías ocasionaban un consumo de combustible desorbitado?. Sabariz Rolán se refirió también a las ??críticas por parte de Roque Araújo ás xestións realizadas por nós, enredando o asunto con voltas e máis voltas sen clarificar o que estaba a pasar?. Pero ahora, entiende Sabariz, ??non é o momento de máis reproches, senón de felicitarnos todos polo importante investimento a prol da comunidade educativa?.

DIARIO DE AROUSA, 10/03/12

Satisfacción da ACP polo investimento da Xunta na calefacción do colexio.

Con gran satisfacción recibiu a ACP a nova de que a Xunta vai adicar uns 58.000 euros, para deixar solucionada, dunha vez por todas, a problemática da calefacción do CPI Pontecesures (renovación da sala de caldeiras, recolocacións de todas as conduccións para os edificios, etc..).

A ACP sempre solicitou o renovación total de todo o sistema e así enviou varios escritos ao Xefe Territorial de Educación en Pontevedra. Na actualidade aínda que a caldeira foi arranxada hai pouco, as perdas de auga nas tubarías, ocasionaban un consumo de combustible desorbitado que tiña que afrontar o propio centro con menoscabo para outras necesidades.

Pola súa parte o concelleiro de educación de Pontecesures, Roque Araújo, sempre estivo a criticar as xestións realizadas por nós, enredando o asunto con voltas e máis voltas sen clarificar o que estaba a pasar. Pero agora non é o momento de máis reproches pois todos debemos felicitarnos polo importante investimento xa inminente a prol da comunidade educativa. As deficiencias da calefacción do CPI Pontecesures van ser solucionadas de xeito definitivo e iso é o importante para o futuro do noso centro.

Pontecesures, 09/03/12

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures.

Valga acoge una feria de artículos de pesca usados y demostraciones en Mina Mercedes.

El municipio de Valga celebra mañana el primer salón Pesca/Valga, que incluirá una feria de oportunidades para la compraventa de artículos de pesca de segunda mano. Además, a lo largo de la jornada, se celebrarán en el recinto de la laguna Mina Mercedes (declarada recientemente coto de pesca) talleres de montaje a cargo de Julio Seijas, ?scar Gayoso y Paco Porto, y habrá lecciones magistrales de lance de mosca con Félix Castillejo y el mundialista David Arcay.

DIARIO DE AROUSA, 10/03/12

Cores Tourís anuncia a posta en marcha dun novo sistema de calefacción no CEIP de Pontecesures.

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra reuniuse coa directora do centro destacando que estas obras permitirán gañar en eficiencia enerxética

Lamenta que o concello non realizara as labores de mantemento dende o 2000 o que provocou o deterioro da caldeira

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, entrevistouse esta mañá coa directora do CEIP de Pontecesures, María Begoña Regueira, e co xefe territorial de Educación, César Pérez Ares, para anunciar a posta en marcha en breve dun novo sistema de calefacción neste colexio.

Con estas obras búscase gañar en eficiencia enerxética para que se poida alcanzar o confort necesario no centro e reducir os custos actuais de gasoil en Pontecesures ??que son realmente excesivos, xa que o gasto dun mes é o que debería corresponder a dous meses?.

A actual situación débese ao deterioro que presenta o actual sistema de calefacción que foi renovado no ano 2000. ??Dende entón, e xa van 12 anos, o concello de Pontecesures non executou nin unha soa obra de mantemento o que provocou o deterioro da caldeira e das conducións que se foron degradando por mor da corrosión?, lamentou Cores Tourís.

A obra terá un investimento de 58.000 euros e suporá tres tipos de intervención: reforma da sala de caldeiras e revisión da cheminea e da caldeira; instalación da tubaxe de distribución e do sistema hidráulico; e finalmente, a revisión do depósito ??algo que non fixo o concello e que é obrigatorio cada cinco anos?, recordou o delegado territorial.

Segundo apuntou pola súa banda o xefe territorial de Educación, o próximo luns trasladaranse ata o centro técnicos da Xefatura para coordinar coa comunidade educativa o calendario de traballos de cara a que se realicen do xeito menos prexudicial para o desenvolvemento das xornadas educativas. ??As obras comezarían e rematarían arredor da Semana Santa e se levarían a cabo polas tardes, de xeito que o centro non se vira afectado en canto a impartición normal das clases.

José Manuel Cores Tourís quixo insistir no feito da obrigatoriedade que teñen os concellos de realizar obras de mantemento nos centros educativos dos seus municipios. ??Tamén teñen que ser conscientes da obrigatoriedade de ter firmado un contrato de mantemento para a caldeira. Deste xeito, en Pontecesures esperamos que o municipio se axuste a lexislación vixente e que este novo sistema de calefacción poida durar moitos anos?, rematou o delegado territorial.

Páxina oficial da Xunta de Galicia, 09/03/12

Manifesto gañador do Correlinguas 2012. Alumnos 4º da ESO do CPI Pontecesures.

Buscamos, buscamos, buscamos cousas que nos traian a felicidade: coches, pisos, prazas de garaxe, negocios… enchen os anuncios por palabras dos xornais.

Pero nós buscamos persoas que estean orgullosas do idioma da súa terra, que non teñan medo a falalo. Buscamos que as fronteiras de Galiza as poña o galego. Preferimos unha persoa do Bierzo que fale o idioma a unha de aquí que non o fale. Non se é máis galego por vivir na Coruña se logo se fala o idioma de Castela. Deixade de presumir de algo que nin vós respectades. Todos vós, os que subides fotos reivindicativas ao tuenti, nin vos decatastes cando pechou Galicia Hoxe. Ser galego non é ler La Voz de Galicia nin ver a TVG. Ser galego significa que buscaches e atopaches a túa identidade. Galiza non é representada por unha catedral, unha muralla ou torre. A Galiza represéntaa un idioma co que escribiron ensaios, poemas, artigos e ata incluso anuncios por palabras. Desexamos abrir un día o xornal e atopar anuncios coma estes:

SERVIZOS

A mellor vidente de tarot de Galiza.Máis de doce séculos de experiencia. Especialista en: fonética, morfoloxía e léxico. Visítanos en R/ Percebe, nº 24.

COMPARTO PISO

Búscase univeritari@ que se queira aloxar nun piso de galego-falantes. Aviso: somos de moitas partes de Galiza e falamos diariamente galego.

FINANZAS

Arréndase idioma. Prezo razoable e negociable, usable en todas as formas e ámbitos. Con garantía ilimitada.

Precisas un idioma? Nós temos o que buscas. Está en boas condicións, sinxelo de adquirir e comprender en toda a nación. Resposta en 24 horas.

OCIO

Divírtete co galego provocador do manifesto ??Máis Alá?. Mergúllate nun mar de gozo.

SEGUNDA MAN

Véndese equipo de música Vacaloura, perfecto para escoitar Heredeiros da Crus, moi ben coidado. Prezo razoable dependendo do galego que saibas falar.

DETECTIVES

Perdinme. Búscame. Chámome galego. Encóntrame, fálame e gózame.

POLO TANTO,

Entra en Jujel, vaite a PISOS VENDA, merca Galiza.

Vaite a PISOS ALUGUER, aluga Galiza.

Vaite a NEGOCIOS, negocia Galiza.

Vaite a MOTOR, compra un Galicoche.

Vaite a OCIO, goza Galiza.

Vaite a NÁUTICA, padexa Galiza.

Vaite a Galiza, adora galego

Adórate, adóranos.

Se feliz: GALEGO, TODO O QUE BUSCAS

OS MUXES RADIOACTIVOS