Adxudicación da obra MELLORA DA IMAXE EXTERIOR E DOS ACCESOS DA PRAZA DE ABASTOS

O 23 de outubro de 2017 adxudicouse a obra:

MELLORA DA IMAXE EXTERIOR E DOS ACCESOS DA PRAZA DE ABASTOS

Enlazando coas actuacións precedentes (Mellora da imaxe interior), cómpre exteriorizar esa nova imaxe á envolvente exterior do mercado, transmitindo á veciñanza e ao visitantes (peregrinos, turistas, compradores doutros municipios, …) esa imaxe de modernidade e de espazo dinámico e multifuncional, imaxe que invite a visitar a zona, a entrar no edificio, a probar e mercar os produtos, … en definitiva, a empregar o propio mercado e o seu entorno como un espazo de vida común e de relación social, sen perder a perspectiva do seu fin último, o comercial.

Dentro desta liña, resulta fundamental mellorar a imaxe da fachada norte, que é a que serve de telón de fondo dun gran espazo aberto que serve tanto como aparcamento (a diario) como de zona de celebracións populares (como a Festa da Lamprea) e que, se ben actualmente é pouco máis que unha explanada parcialmente pavimentada, está chamado a ser o espazo público (zona verde ou praza) central do concello, tanto pola superficie como pola súa situación, en contacto directo co núcleo urbano e co río Ulla e a súa zona portuaria. Esta fachada é a imaxe máis clara que todo aquel que aparca na explanada ou que transita polo vial do porto (pola marxe do río) recibe do mercado. De aí a importancia de que toda esta xente, que as veces non chega nin a decatarse de que está aparcando ou pasando xunto a un mercado, reciba unha imaxe moito máis nítida dos usos e posibilidades do edificio do mercado.

Para todo isto, prevese realizar as seguintes actuacións:

– Renovación das carpinterías exteriores, cunha nova imaxe homoxénea e moderna para todas elas.

– Eliminación da maior parte do cableado e instalacións (acometida eléctrica, cables de telefonía, mangueiras de auga sen uso, …) ancladas ás fachadas.

– Mellora da sinalización e iluminación exterior: colocación de rotulación exterior nas fachadas norte e este, coa mesma tipografía e tipo de letra (metálica) empregada para homoxeneizar a rotulación dos postos interiores.

– Mellora da imaxe estética da fachada norte: repintado da zona enfoscada, co grafiado dunhas siluetas (que transmitan as moitas actividades e que poden estar pasando no interior e no exterior do edificio), instalación de 3 novas luminarias, e instalación do logotipo do mercado.

– Construción dunha plataforma (beirarrúa) pavimentada en pedra xunto a fachada norte do mercado, que permita unir as dúas praciñas existentes nos extremos este e oeste (ambas co mesmo tipo de pedra) ao tempo que retire todas posibilidade de aparcar coches e furgonetas pegados á propia fachada.

– Mellora da accesibilidade do mercado, coa apertura dunha nova porta na fachada norte, que serva para diferenciar o acceso de mercadorías do de clientes.

– Instalacións duns toldos ou parasoles que melloren a utilización e o acceso pola porta oeste (cara o río).

– Cambios dos caneiros e baixantes nas fachadas norte e este, por uns novos de cinc.

Ademais, interiormente prevese a rotulación da florería e a mellora da instalación eléctrica mediante a individualización dos elementos de medida dos postos, coa finalidade de mellorar a eficiencia enerxética do edificio completo.

A obra foi adxudicada por un importe de 54.875,36? dos que a Consellería de Economía Emprego e Industria da Xunta de Galicia a través da subención Mercados de Excelencia 2017 aporta 16.445,53? e o Concello de Pontecesures a través de fondos propios 38.429,83?

Adxudicación da Obra MELLORA NA REDE DE SANEAMENTO DO CONCELLO DE PONTECESURES NAS R?AS ENSANCHE E REDONDO

Na pasada Xunta de Goberno Local do 16 de outubro de 2017 aprovouse a adxudicación da seguinte obra:

 REPARACI?N NA REDE DE SANEAMENTO NA R?A DO ENSANCHE E MELLORA NA REDE DE SANEAMENTO NA R?A REDONDO (N-550)

 

Na Rúa do Ensanche existe actualmente unha rede de saneamento de residuais pola marxe dereita (sentido norte -> sur) e un tramo de recollida de pluviais pola marxe esquerda, funcionando o resto da rúa, pola dita marxe, mediante cunetas abertas pero que carecen de calquera tipo de acondicionamento, de xeito que están permanentemente cubertas de vexetación.

Na presente actuación preténdese continuar coa canalización existente de pluviais, nun tramo de 130 metros, canalización que sobre a que se executará unha beirarrúa de formigón,

Deste xeito, coa obra prevista, ademais de ampliar a rede de pluviais existente, e conseguir así aumentar a zona na que se separará correctamente o saneamento de pluviais do de residuais, se conseguirá deixar saneado todo ese tramo do vial.

 

Na Rúa Redondo (N-550) existe un colector da rede de saneamento pola marxe esquerda, ao que se van conectando directamente as edificacións existentes nesa marxe, mentres que os edificios e vivendas existentes pola marxe dereita conéctanse mediante cruces puntuais realizados mediante tubos de PVC ?200, que atravesan baixo a estrada.

Dous deses cruces, que dan servizo a tres edificios de vivenda colectiva, atascábanse con certa frecuencia, situación que se solucionaba mediante limpezas periódicas con auga a presión. Na última limpeza realizada, detectouse que os tubos están, nalgún punto baixo a calzada, obturados e rotos, xa que ao proceder a inxectar auga, mediante unha lanza de presión, esta non consigue atravesar os tubos, e a auga é devolta con arrastre de terra e xabre.

Para evitar ter que facer uns novos cruces baixo a estrada, ou levantar o existente para cambiar os tubos atrancados, prevese facer unha nova canalización que derive ese saneamento ata o seguinte cruce existente uns 78 metros máis cara o norte.

Será preciso, asemade, substituír os dous pozos de formigón existentes, para poder conectar correctamente o novo colector e as acometidas dos edificios.

Estas obras foron adxudicadas á empresa Nemesio Ordoñez S.A. por un importe de 26.318,32? dos que 21.052,02? son aportados por Vicepresidencia da Xunta de Galicia a través do Fondo de Compensación Ambiental e 5.266,30? con fondos propios do Concello

Adxudicación da Obra MELLORA EN INSTALACI?NS DEPORTIVAS MUNICIPAIS

Na pasada Xunta de Goberno Local do 16 de outubro de 2017 aprovouse a adxudicación da seguinte obra:

    MELLORA EN INSTALACI?NS DEPORTIVAS MUNICIPAIS. (PAVILL?N E CAMPO DE F?TBOL)

O Pavillón Municipal de deportes é un edificio antigo que apenas sufriu reformas importantes dende a súa construción. Ten diversos problemas construtivos e de funcionamento, propios da súa antigüidade e do seu uso intensivo por parte tanto de clubs deportivos do municipio e de municipios próximos, como do colexio xunto ao que se atopa.

En concreto, preténdese reducir os problemas de humidade co que conta no seu pavimento mediante a instalación dun drenaxe na base da súa fachada sur, que é a máis exposta á choiva e que linda cuns terreos que tenden a inundarse cando se dan períodos persistentes de mal tempo. Tamén se prevé mellorar a funcionalidade da instalación mediante unha cubrición diante da porta principal de acceso, de xeito que con mal tempo os nenos e pais que esperan para entrar no pavillón poidan estar a cuberto.

 

O Campo de Fútbol Municipal é unha instalación deportiva dunha certa antigüidade, e que nos últimos anos foi reformada, pero só na zona do campo de xogo, para a instalación dun pavimento de herba artificial. Ten un uso moi intensivo, xa que nel xogan moitos clubs deportivos, tanto do propio municipio como de outros cercanos.

O perímetro do campo de xogo conta con diversos pavimentos, con zonas de formigón, zonas asfaltadas, zonas en herba natural e zonas en terra. As zonas de herba e terra supoñen un problema funcional, xa que en épocas de choiva resultan case impracticables, e en épocas de tempo seco, levántase terra e po que, en parte, acaba no terreo de xogo. Ademais, a zona de herba provoca que se dispersen sementes polo campo, provocando o nacemento de herbas no terreo de xogo.

? por isto que resulta necesario acometer obras de pavimentación nesas zonas, para mellorar así o funcionamento da instalación, tanto para os que van practicar o deporte, como para os espectadores que teñen que pasar pola zona de acceso (en terra e barro).

Estas obras foron adxudicadas á empresa Nemesio Ordoñez S.A. por un importe de 30.243,25? dos que 19.995,54? son aportados por Vicepresidencia da Xunta de Galicia cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desarrollo Rural (FEADER) no marco do Programa de Desarrollo Rural de Galicia 2014-2020 e o Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente e 10.247,71? con fondos propios do Concello.

Escolas municipais de futbito e baloncesto.

INICIO DAS ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS DE FUTBITO E BALONCESTO PARA OS MAIS PEQUENOS ( NADOS ENTRE 2012 E 2008).
(Mais información e descarga de formulario de inscrición pinchando na imaxe de abaixo).

LISTADO DE CURSOS PARA TRABALLADORES EN ACTIVO

O centro CEGAFOR acaba de enviarnos o seguinte listado de cursos para realizar neste trimestre. Estes cursos estan dirixidos a traballadores en activo do sector privado. PARA MAIS INFORMACION CHAMAR ? PROPIO CENTRO. (VER O FINAL DA LISTAXE)

1.-) CURSO GRATUITO: Prevención de Riesgos Laborales

ENTIDADE: CEGAFOR

Descrición: 110 horas de duración, en modalidade A DISTANCIA (Non teleformación) facilitarase material didáctico composto de manual e exames tipo test. (Os alumnos non teñen que conectarse a ningunha plataforma).

Destinatarios : Dirixido a traballadores asalariados que presten os seus servizos en empresas privadas do Réxime Xeral de calquera sector e que coticen á Seguridade Social en concepto de Formación Profesional no intre do inicio do curso.

Inicio: Octubre

Remate: antes do 15/12/2017

Prazo : Aberto

Inscrición : Dirixirse a Cegafor , C/ Manuel Quiroga Nº 13 ?? 1º 36002 Pontevedra Telf 986869605.

 

2.-) CURSO GRATUITO: Prevención de Riesgos Laborales

ENTIDADE: CEGAFOR

Descrición: 90 horas ( 4 presenciais e 86 a distancia) Clases presenciais o 4 e 5 de Outubro, nas horas A DISTANCIA (Non teleformación) facilitarase material didáctico composto de manual e exames tipo test. (Os alumnos non teñen que conectarse a ningunha plataforma).

Destinatarios : Dirixido a traballadores asalariados que presten os seus servizos en empresas privadas do Réxime Xeral de calquera sector e que coticen á Seguridade Social en concepto de Formación Profesional no intre do inicio do curso.

Inicio: Octubre, para as horas presenciais formaranse os grupos en horarios de 14 a 16 h / 19:30 a 21:30 h / sábados 9:30 a 13:30h.

Remate: antes do 15/12/2017

Prazo : Aberto

Inscrición : Dirixirse a Cegafor , C/ Manuel Quiroga Nº 13 ?? 1º 36002 Pontevedra Telf 986869605.

 

3.-) CURSO GRATUITO: Inglés

ENTIDADE: CEGAFOR

Descrición: 100 horas ( 30 presenciais e 70 a distancia ) Clases presenciais do 9 ao 31 de Outubro, para as horas A DISTANCIA (Non teleformación) facilitarase material didáctico composto de manual e exames tipo test. (Os alumnos non teñen que conectarse a ningunha plataforma).

Destinatarios : Dirixido a traballadores asalariados que presten os seus servizos en empresas privadas do Réxime Xeral de calquera sector e que coticen á Seguridade Social en concepto de Formación Profesional no intre do inicio do curso.

Inicio: Octubre para as horas presenciais formaranse os grupos en horarios de 14 a 16 h / 19:30 a 21:30h / sábados 9:30 a 13:30h

Remate: antes do 15/12/2017

Prazo : Aberto

Inscrición : Dirixirse a Cegafor , C/ Manuel Quiroga Nº 13 ?? 1º 36002 Pontevedra Telf 986869605.

 

4.-) CURSO GRATUITO: Comunicaciones electrónicas, internet

ENTIDADE: CEGAFOR

Descrición: 40 horas presenciais. Clases presenciais do 2 a 31 de Outubro

Destinatarios : Dirixido a traballadores asalariados que presten os seus servizos en empresas privadas do Réxime Xeral de calquera sector e que coticen á Seguridade Social en concepto de Formación Profesional no intre do inicio do curso.

Inicio: Octubre, para as horas presenciais formaranse os grupos en horarios de 14 a 16 h / 19:30 a 21:30h / sábados 9:30 a 13:30h

Remate: antes do 15/12/2017

Prazo : Aberto

Inscrición : Dirixirse a Cegafor , C/ Manuel Quiroga Nº 13 ?? 1º 36002 Pontevedra Telf 986869605.

 

5.-) CURSO GRATUITO : Aplicaciones Informáticas

ENTIDADE: CEGAFOR

Descrición: 120 horas (30 presenciais e 90 a distancia). Clases presenciais do 9 a 31 de Outubro

nas horas A DISTANCIA (Non teleformación) facilitarase material didáctico composto de manual e exames tipo test. (Os alumnos non teñen que conectarse a ningunha plataforma).

Destinatarios : Dirixido a traballadores asalariados que presten os seus servizos en empresas privadas do Réxime Xeral de calquera sector e que coticen á Seguridade Social en concepto de Formación Profesional no intre do inicio do curso.

Inicio: Octubre para as horas presenciais formaranse os grupos en horarios de 14 a 16 h / 19:30 a 21:30h / sábados 9:30 a 13:30h

Remate: antes do 15/12/2017

Prazo : Aberto

Inscrición : Dirixirse a Cegafor, C/ Manuel Quiroga Nº 13 ?? 1º 36002 Pontevedra Telf 986869605.

 

6.-) CURSO GRATUITO : Técnicas de Fidelización

ENTIDADE: CEGAFOR

Descrición: 70horas (5 presenciais e 65 a distancia ). Clases presenciais do 16, 17 y 18 de Outubro, nas horas A DISTANCIA (Non teleformación) facilitarase material didáctico composto de manual e exames tipo test. (Os alumnos non teñen que conectarse a ningunha plataforma).

Destinatarios : Dirixido a traballadores asalariados que presten os seus servizos en empresas privadas do Réxime Xeral de calquera sector e que coticen á Seguridade Social en concepto de Formación Profesional no intre do inicio do curso.

Inicio: Octubre para as horas presenciais formaranse os grupos en horarios de 14 a 16 h / 19:30 a 21:30h / sábados 9:30 a 13:30h

Remate: antes do 15/12/2017

Prazo : Aberto

 

Inscrición : Dirixirse a Cegafor , C/ Manuel Quiroga Nº 13 ?? 1º 36002 Pontevedra Telf 986 869 605.