Datos sobre a campaña de verán na piscina municipal de Pontecesures.

A instalación abriu nos primeiros días de xullo, e ata o día de hoxe, 31 de agosto, despacháronse 1.732 tickets de adultos (a 1,20 euros) e 1.619 de neno (a 0,45 euros) sendo moitos máis os usuarios neste verán que noutros anteriores.

Porén; hai que salientar que o custo da empresa encargada do servizo é de 5.086,80 euros mensuais. Como a piscina vai a estar aberta ata o 2 de setembro na que se cumpren dous meses, os custos ascenden a 10.173,60 euros, mentres que os ingresos son, faltando os dous días, de 2.806,95 euros.

Hai que salientar que os prezos son mois baixos (foron fixados hai máis de 12 anos e non se lle tocou dende aquela) para potenciar o desfrute da instalación.

Resultou decepcionante que só dous nenos asistiran con regularidade ao curso de natación de calidade ofertado polo concello de luns a venres en horario de mañá.

A tempada desenvolveuse sen incidencias salientables e estase a estudar que permaneza a piscina uns días máis se continúan estas temperaturas tan elevadas.

Dolores Ferro Trasande recibe o premio do sorteo das Festas do Carme de Pontecesures.

Nota da concellería de relacións institucionais de Pontecesures.

Na mañá de hoxe, 31 de agosto, a alcaldesa de Pontecesures, Maribel Castro, entregou á veciña de San Xulián (Pontecesures), Dolores Ferro Trasande o premio do sorteo celebrado o derradeiro día das Festas do Carme 2010, entre as persoas que colaboraron cun donativo para sufragar o custo de ditas festas. Foi unha iniciativa do concello para incentivar a recadación.

O premio consiste na estadía para dúas persoas, en rexime de aloxamento completo e con servizo de SPA, no Hotel Carlos I de Sanxenxo os días 3, 4 e 5 de setembro de 2010.

Esta concellería quere salientar que se obtiveron máis de 18.600 euros para as festas entre os donativos ingresados na conta bancaria e os cartos recadados polas portas, e agradecer a todos os colaboradores o apoio económico para estas festas.

El Concello de Pontecesures entierra el cableado telefónico en el entorno de San Xulián.

El Concello de Pontecesures ha logrado que la empresa Tendegasa acometa los trabajos para soterrar el cableado del tendido telefónico en San Xulián, que forma parte del Camiño Portugués. En la calle del Pilar, recordaba ayer el concejal Luis Ángel Sabariz, se finalizó hace unos tres años una importante actuación afrontada por el Xacobeo, que permitió acondicionar toda la zona, con la colocación de pavimento de piedra, la construcción de nuevos muros, la instalación de mobiliario urbano… También en esa vía se instalaron tubos para soterrar los servicios de telefonía y de electricidad «tanto por razóns de seguridade como de estética, para impedir que o cableado afease o entorno da Capela de San Xulián, do século doce, o cruceiro, o lavadoiro…».
Desde que se acabaron los trabajos, el Concello de Pontecesures ha reclamado en numerosas ocasiones a la empresa que canalizase por esas nuevas tuberías los cables que hasta ahora cruzaban el cielo cesureño en esos puntos. «Despois dunha demora tan longa, por fin os cables quedaron soterrados», dijo ayer Luis Ángel Sabariz. También serán retirados los postes del cableado, a excepción de un cable situado al final de la calle por la negativa de un vecino.

LA VOZ DE GALICIA, 31/08/10

Non se van celebrar os concertos dos Portos Xacobeos.

A primeiros de ano anunciouse que se ía celebrar no porto de Pontecesures e noutros da ría de Arousa un concerto de 3 horas con dous grupos (un para lembrar a música dos 60/70 e outro de pop-rock español de plena actualidade) ao considerarse como un dos Portos Xacobeos o da nosa vila.

En Pontecesures o concerto estaba previsto para o 5 de xuño, pero Portos de Galicia (que organizaba e financiaba o evento) comunicou daquela que o concerto quedaba aprazada ata nova data.

Recibimos con decepción agora a nova, de que o concerto de Pontecesures e todos os demais dos portos xacobeos, quedan suspendido sen máis, por razóns económicas.

Pode entender este concello o sucedido, nestes intres de crise, e agradece que o resto da programación (conferencia, exposición e concerto de música clásica) se levaran a cabo, pero tamén considera pouco serio realizar este tipo de anuncios de actos, con datas concretas, que logo non se poden levar a cabo. Dende logo, estes feitos deixan ás administracións públicas en moi mal lugar a efectos da credibilidade.

Luis Ángel Sabariz Rolán

Está a espertar moito interese o curso de atención sociosanitaria a persoas dependentes.

Varias mulleres fixeron xa a solicitude para asistir a este curso no que hai a posibilidade de outorgar unha bolsa de 10 euros/día aos asistentes en función da situación persoal (desemprego, recibir ou non a prestación, etc..).
O número máximo de prazas para o curso é de 20. En caso de haber máis aspirantes, os técnicos do programa “Aquelando” realizarán a selección.
Lémbrase que a información facilítase na Oficina de Emprego de Pontecesures (teléfono 986/564403) en horario de 8 a 14 horas.

Pontecesures recibe unha suvención de case 5.000 euros para sufragar gastos de persoal da OMIX.

A Dirección Xeral de Xuventude, ven de conceder ao Concello de Pontecesures unha subvención de 4.959,71 euros para sufragar en 2010 parte do custo do persoal da Oficina Municipal de Información Xuvenil de Pontecesures que está situada no primeiro andar do edificio da Casa do Concello.
A través de dita oficina ofértanse diversas actividades para xoves e facilítase todo tipo de información aos mesmos sobre iniciativas, axudas oficiais, etc…