Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Festas

Non se van celebrar os concertos dos Portos Xacobeos.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

A primeiros de ano anunciouse que se ía celebrar no porto de Pontecesures e noutros da ría de Arousa un concerto de 3 horas con dous grupos (un para lembrar a música dos 60/70 e outro de pop-rock español de plena actualidade) ao considerarse como un dos Portos Xacobeos o da nosa vila.

En Pontecesures o concerto estaba previsto para o 5 de xuño, pero Portos de Galicia (que organizaba e financiaba o evento) comunicou daquela que o concerto quedaba aprazada ata nova data.

Recibimos con decepción agora a nova, de que o concerto de Pontecesures e todos os demais dos portos xacobeos, quedan suspendido sen máis, por razóns económicas.

Pode entender este concello o sucedido, nestes intres de crise, e agradece que o resto da programación (conferencia, exposición e concerto de música clásica) se levaran a cabo, pero tamén considera pouco serio realizar este tipo de anuncios de actos, con datas concretas, que logo non se poden levar a cabo. Dende logo, estes feitos deixan ás administracións públicas en moi mal lugar a efectos da credibilidade.

Luis Ángel Sabariz Rolán

Máis sobre isto

4 comentarios

  1. estudiante

    De coña mariñeira, bueno de coña xacobea. Rinse dos jobernantes do concello, pero ainda pior, rinse de todos os veciños.
    E cal é a actiude do Randulfo do PP? Que di? Que fai?
    CALAR A BOQUIÃ?A.

    Responder
  2. jandarola

    “CALAR A BOQUIÃ?A” tendela que calar vós, política lingüística, lei dependencia, consellería da vicepresidencia, da igualdade, dos servizos sociais, das galescolas, de toda canta “paxarada hai” e da que non hai, inventadela vos, e cando mirades o peto non hai un “peso”, pois pareceme ben se non hai cartos e non se pode pois non se pode, ¿onde se atopa o problema?, ¿é mellor que se celebre o concerto e logo cobren hostias? deixadevos de “verbas para a galería”, e idevos acostumbrando a apretar o peteiro; a outro lado coa demagoxia barata, ¿que ofrecedes? ¿honradez, dignidade, traballo, efectividade…? “xa o demostrastedes”, só vos falta “repetir candidato”

    Responder
  3. estudiante

    Aprazado o festival do Xacobeo que ía ter lugar o sábado, 5 de xuño.
    Por Luis Angel Sabariz Rolán | Publicado: 1-06-2010
    Por problemas xurdidos con un dos grupos, comunicouse ao Concello de Pontecesures que o festival incluído na programación â??Portos Xacobeosâ?�, queda aprazado para outra data que está en estudo.

    Está claro que neste comunicado aljén mentía, non no aprazamento senón no motivo. Ou mentía a Xunta ou o trijoberno, ou mentía o “propajandas”. O caso e que eran motivos económicos e non outros como finalmente resultou.

    Esperemos que cos anuncios da remodelación portuaria non nos vaia a pasar o mismo e quede todo en mera propajanda.

    Responder
  4. Luis Angel Sabariz Rolán Redacción

    Non teño porque enganar con este tema, “estudiante”. Portos de Galicia explicou en xuño que había problemas cos grupos (serían económicos, non o sei), e agora sabemos isto. A miña crítica é clara, creáronse expectativas, anunciouse un concerto para todos os portos xacobeos e non se celebrou en ningún. Falla de seriedade. E non teño porque calalo.

    Responder

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.