O pleno aprobou onte cos seis votos favorables do equipo de goberno (BNG/PSOE/TeGa) subir as taxas da piscina municipal, da utilización do pavillón municipal e fixar a do campo de fútbol que non a tiña. Houbo 5 votos en contra da oposición PP/IP/ACP
A ACP considera totalmente desproporcionada a suba das taxas da piscina, que supera o 250% de incremento e parece unha burla que o alcalde Álvarez Angueira considere a suba como ??moderada?. ? unha instalación descuberta que utilizan no verán fundamentalmentee os nenos e os adolescentes. ? unha actividade lúdica e saudable (incluso un punto de reunión) que hai que potenciar sobre todo nestes tempos de crise no que os nosos cativos e xoves non poden desprazarse á praia. Resulta contradictorio o goberno local na súa proposta. Moito se critican os recortes sociais e outras medidas económicas doutras administracións, pero cando se goberna se recorre ao mesmo. A ACP considera que o goberno ten que buscar outro tipo de solucións goblais para elaborar os seus orzamentos pois a veciñanza non entende como hai tres concelleiros cobrando unha dedicación exclusiva no concello e logo hai que subir o prezo da piscina de xeito tan desorbitado.
Por outra banda tamén o goberno acordou subir as taxas da escola infantil. (6 votos a favor do equipo de goberno, dúas abstencións do PP, dúas de IP e o voto contrario da ACP)
Agás no servizo de comedor, preténdense aplicar os prezos máximos fixados no Decreto 49/2012 da Consellería de Taballo e Benestar no que se aprobou o novo réxime de prezos das escolas infantís dependentes da consellería.
Como as reduccións en función das rendas van ser menores, segundo o informe municipal a recadación mensual do concello na gardería que ten 59/60 nenos pasará duns 2.800 a uns 4.760 euros.
A ACP manifesta que o concelleiro de educación, Roque Araújo, tratou de manipular o debate no pleno pois manifestou que é unha obriga para o concello fixar os novos precios ao saír o novo decreto da Xunta. Iso non é así. A normativa actual que se aplicou ás subvencións 2011 fala de prezos máximos e o concello pode establecelos máis baixos e ter igual a opción ás subvencións da Xunta. No se pode ??cargar o morto? á outras administracións, acusalas dos recortes e logo aproveitar a norma en beneficio propio. No se pode apoiar campañas en contra dos recortes educativos e do estado de benestar e logo facer o mesmo. Ademais os novos prezos para as garderías da ??Galiña Azul? do Consorcio de Igualdade e Benestar comezan a cobrarse en setembro de 2012 para que os pais paguen as mesmas cotas perante o curso 2011/2012. ¿Por que en Pontecesures van recibir a desagradable sorpresa de que en maio van ter que sufrir a suba? ¿Por que o concello non a demora a setembro para o novo curso como sería o lóxico?. Expoñendo a nosa postura queremos que lle quede claro á veciñanza e aos pais dos nenos da Escola Infantil de Pontecesures o que se reflicte na normativa e a interpretación manipulada que fai o goberno local culpabilizando das subas sempre a adminstracións distintas.
Pontecesures, 27/03/12