Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Sociedade

A ACP en contra da suba das taxas municipais en Pontecesures. Nota íntegra.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

O pleno aprobou onte cos seis votos favorables do equipo de goberno (BNG/PSOE/TeGa) subir as taxas da piscina municipal, da utilización do pavillón municipal e fixar a do campo de fútbol que non a tiña. Houbo 5 votos en contra da oposición PP/IP/ACP

A ACP considera totalmente desproporcionada a suba das taxas da piscina, que supera o 250% de incremento e parece unha burla que o alcalde Álvarez Angueira considere a suba como â??moderadaâ?�. Ã? unha instalación descuberta que utilizan no verán fundamentalmentee os nenos e os adolescentes. Ã? unha actividade lúdica e saudable (incluso un punto de reunión) que hai que potenciar sobre todo nestes tempos de crise no que os nosos cativos e xoves non poden desprazarse á praia. Resulta contradictorio o goberno local na súa proposta. Moito se critican os recortes sociais e outras medidas económicas doutras administracións, pero cando se goberna se recorre ao mesmo. A ACP considera que o goberno ten que buscar outro tipo de solucións goblais para elaborar os seus orzamentos pois a veciñanza non entende como hai tres concelleiros cobrando unha dedicación exclusiva no concello e logo hai que subir o prezo da piscina de xeito tan desorbitado.

Por outra banda tamén o goberno acordou subir as taxas da escola infantil. (6 votos a favor do equipo de goberno, dúas abstencións do PP, dúas de IP e o voto contrario da ACP)

Agás no servizo de comedor, preténdense aplicar os prezos máximos fixados no Decreto 49/2012 da Consellería de Taballo e Benestar no que se aprobou o novo réxime de prezos das escolas infantís dependentes da consellería.
Como as reduccións en función das rendas van ser menores, segundo o informe municipal a recadación mensual do concello na gardería que ten 59/60 nenos pasará duns 2.800 a uns 4.760 euros.
A ACP manifesta que o concelleiro de educación, Roque Araújo, tratou de manipular o debate no pleno pois manifestou que é unha obriga para o concello fixar os novos precios ao saír o novo decreto da Xunta. Iso non é así. A normativa actual que se aplicou ás subvencións 2011 fala de prezos máximos e o concello pode establecelos máis baixos e ter igual a opción ás subvencións da Xunta. No se pode â??cargar o mortoâ?� á outras administracións, acusalas dos recortes e logo aproveitar a norma en beneficio propio. No se pode apoiar campañas en contra dos recortes educativos e do estado de benestar e logo facer o mesmo. Ademais os novos prezos para as garderías da â??Galiña Azulâ?� do Consorcio de Igualdade e Benestar comezan a cobrarse en setembro de 2012 para que os pais paguen as mesmas cotas perante o curso 2011/2012. ¿Por que en Pontecesures van recibir a desagradable sorpresa de que en maio van ter que sufrir a suba? ¿Por que o concello non a demora a setembro para o novo curso como sería o lóxico?. Expoñendo a nosa postura queremos que lle quede claro á veciñanza e aos pais dos nenos da Escola Infantil de Pontecesures o que se reflicte na normativa e a interpretación manipulada que fai o goberno local culpabilizando das subas sempre a adminstracións distintas.

Pontecesures, 27/03/12

Máis sobre isto

2 comentarios

  1. Cara de cona

    Mirade para o Roque…botandolle a culpa do abuso das tasas a xunta…..que cara…..ben saba pon a estes no seu sitio…..que os culpables das tremendas subas son eles…….e Cordo?……explica…explica nos establecementos….pero apanda co marron……..

    Responder
  2. Tiroliro II

    Falase moito no pobo da tremenda subida dos precios da piscina, os xoves que iban a ela e moitas nais botan chispas contra os do goberno, normal, e na gardería tamn hai cabreo porque Roque os enganou, e queren que os precios sse suban co novo curso e non agora.

    Responder

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.