Xunto coa Banda de Música de Negreira, o grupo cesureño participou na procesión do Carme celebrada está maña neste lugar do Concello de Santa Uxía de Ribeira.
Houbo moito público no acto, e no peirao de Corrubedo os xoves cesureños bailaron varias pezas na propia procesión na honra da Virxe como manda a tradición nesa bonita vila mariñeira.
Javier Buela, organizador do festival “Artenativa” de Valga.
«Neste festival só actuarán conxuntos galegos, da terra»
Javier Buela Organizador del festival Artenativa
Os días 8 e 9 de agosto a localidade de Valga vístese de gala para presentar a segunda edición do festival de música Artenativa. Este ano contará cun cartel potente con bandas coma os vigueses The Blows ou Nadadora, desde O Grove. Javier Buela forma parte da organización que espera continuar co proxecto en futuras edicións.
-¿Cal é a filosofía do festival?
-Pois é bastante sinxela. Neste festival só actuarán conxuntos galegos, da terra. Non queremos que, como ocorre noutros festivais, os grupos galegos se convertan nos secundarios do cartel. Aquí serán protagonistas.
-¿Cales serán os conxuntos cabeza de cartel de cada día? ¿Cal é a vosa aposta máis forte?
-O primeiro día veñen desde Vigo The Blows. Ao día seguinte temos dous fortes, Nadadora e Niño y Pistola. Pero gustaríame subliñar que apostamos por todos os grupos coa mesma forza. Non consideramos que haxa ningún conxunto más importante que outro.
-¿Tes algunha banda predilecta?
-A verdade é que non. Estou acostumado a escoitar moitísimos conxuntos galegos en directo, a través dos myspace ou das maquetas. Gústanme todos.
-Algunha curiosidade que queiras resaltar do festival.
-Ademais dun mercadiño haberá unha mesa redonda na que falaremos do estado actual da industria da música en Galicia. Quixera lembrar que a entrada ao festival e a acampada será gratuíto.
LA VOZ DE GALICIA, 08/08/08
Hoxe comezan as festas da Devesa.
VENRES, 8 DE AGOSTO
Gran mexillonada e churrascada gratis para os asistentes, amenizada por MASTER.
SÁBADO, 9 DE AGOSTO
-Pola mañá gran disparo de foguetes.
-Pasarrúas a cargo dun grupo de gaitas.
-Misa solemne ás 12:30 horas
-Pola tarde gran festa do neno, gratis para todos, (colchonetas, touro mecánico, etc.. a cargo de Diverneno).
-Pola noite gran verbena con SUPER T e CABARET
-O remate da verbena haberá chocolate con churros.
DOMINGO, 10 DE AGOSTO, Festa da Virxe dos Desamparados
-Gran disparo de foguetes pola mañá.
-Pasarrúas a cargo do grupo de gaitas e pandeiretas Xarandeira de Pontecesures.
-Misa solemne ás 12:30 horas.
-? remate da misa, tradicional Poxa de Ramos.
-Ás 16:00 horas, Festa da Bicicleta na que será sorteada unha bicicleta e agasallos para os concursantes.
-Pola noite verbena con ACH? e ARMONÍA
Comienza en Valga el festival “Artenativa” con 9 grupos en cartel.
El festival “Artenativa” que organiza la asociación “Os Penoucos” de Valga, comienza esta noche en el parque Irmáns Mosquera con las actuaciones de The Blows, Franc3s, Austria y Mequetrefe. La entrada es gratuita y en el recinto habrá zona de acampada y mercadillo. En la noche del sábado cerrarán los conciertos los grupos Nadadora, Niño y Pistola, Fanny+Alexander, Proyecto Mourente y Yoplait.
DIARIO DE AROUSA, 08/08/08
O sábado 9 de agosto, cine na Plazuela de Pontecesures.
Ás 22:15 horas e patrocinada por Caixanova, será prexectada a película de animación BEE MOVIE dirixida por Steve Hickner e Simon J. Smith, e que ten 90 minutos de duración.
Festas de San Roque de Porto 2008 e Semana Cultural.
VENRES, 15 DE AGOSTO
-Ás 16:00 horas, campionato de “brilet”.
-Ás 17:00 horas, campionato de “pañuelito”.
-Ás 18:00 horas, partido de futbito Solteiras-Casadas
-Ás 19:00 horas, partido de futbito Solteiros-Casados
Todos estes actos terán lugar na rúa dos Namoradas (intersección coa Praza dos Valeiros), salientando que este ano polas obras no campo de fútbol, haberá futbito, habilitándose unha cancha en dito lugar.
MARTES, 19 DE AGOSTO
-Ás 21:00 horas na Praza dos Valeiros se representará a obra de teatro “Repouso absoluto” polo grupo da asociación “A Barcarola”.
M?RCORES, 20 DE AGOSTO
-Ás 18:30 horas no peirao de Pontecesures, VI Regata de Dragóns “Trofeo Electrónica Couselo”.
-Ás 22:30 gran festa co grupo Cibeles na Praza dos Valeiros.
XOVES, 21 DE AGOSTO
-Pola mañá, disparo de foguetes anunciando a festa.
-Logo de chegar a imaxe de San Roque a Porto en Procesión dende a Igrexa Parroquial (a misa será ás 20:00 horas), sobre ás 21:00 horas actuarán os grupos folclóricos de Pontecesures “Algueirada” e “Xarandeira” na rúa dos Namorados.
-As 22:00 horas, XVIII Gran Mexillonada na que serán servidos 2.200 quilogramos de mexillóns e 575 litros de viño Barrantes e cervexa.
-De seguido, gran verbena coas orquestas Charleston Big Band e Pontevedra.
VENRES, 22 DE AGOSTO
-Ás 8:00 horas, disparo de foguetes.
-Ás 10:00 horas, alborada coa Banda de Música Cultural de Arcade patrocinada pola Deputación e polo Concello de Pontecesures.
-Ás 12:00 horas, sairá a Procesión de San Roque dende a Praza dos Valeiros ata a Igrexa Parroquial.
-Ás 12:30 horas, Misa Solemne cantada polo coro “A Barcarola”.
-Ás 14:00 horas, Gran Poxa de Ramos e tradicional Traca na Praza dos Valeiros.
-Ás 20:00 horas, Concerto da Banda de Música Cultural de Arcade.
-Pola noite, gran verbena coas orquestras París de Noia e Jerusalén