O domingo día 6 de xullo, ás 19:30 horas, terá lugar unha mostra de traballos da Escola de Teatro de Concello e Valga. Intervirán os grupos de nenos, mozos e adultos. Entrada de balde.
Cultura
Algueirada actúa mañá en Bealo-Boiro.
Os integrantes deste grupo folclórico cesureño, actuarán o domingo día 29 de xuño nas festas de Bealo-Boiro. Logo dos pasarrúas de mañá, o grupo bailará despois da misa das 13:00 horas no campo da festa.
Cultura
O venres día 27 de xunio IX Festival Músico Cultural de Valga.
Será ás 21:00 horas no Auditorio de Ferreirós e actuará a Banda de Música do Conservatorio Profesional de Pontevedra.
Actuarán os alumnos de 1º e 2º de grao medio e os de 3º a 6º tamén de grao medio.
O director invitado e D. José R. Pascal Villaplana (Alicante).
Cultura
Retrouso presenta a sétima edición do seu festival con novas actividades e concertos
O VII Festival Retrouso celebrarase o sábado, 12 de xullo, no eirado de Cela (Bueu)
A Asociación Cultural Retrouso presenta en sociedade o proxecto do seu VII Festival Retrouso, que se celebrará no eirado de Cela (Bueu) o sábado, 12 de xullo de 2008. Seguindo a experiencia dos dous últimos anos, nos que combinou a celebración do festival coa organización dunha xornada de xogos en Chans (Chanscontro), Retrouso vai encher o día do festival de actividades:
Cultura
Xarandeira participará no Festival Folclórico de Barro.
O sábado día 5 de xullo, ás 20:30 horas se celebrará no Campo da Crega (onde se celebra o mercadillo) de Barro, o XV Festival de Folclore organizado polo grupo de danzas Amor Ruibal de Barro. Ademais deste grupo participará o grupo de danza galega Embruxo de Guillán (ACD Fontefría), o grupo de baile Xarandeira de Pontecesures e o rancho folclórico Baldepasos de Portugal.
Sortearanse entre os asistentes ó festival tres cestas con productos típicos.
Cultura
Axenda de actividades Auditorio Municipal de Valga
p(subtitular). *Festival fin de curso «Xesús Ferro Couselo»*
p(leyenda). Xoves, 19 de xuño ás 17:00
p(sangrado). Participan todos os nenos do colexio máis as súas familias.
Exposición da memoria e maqueta coa que gañaron o Premio da provincia de Pontevedra en «Voz Natura».
p(subtitular). *Festival Verán:* «Escenas de Matrimonio» (Grupo de Teatro do Concello de Valga) «Playbacks»
p(leyenda). Domingo, 22 de xuño ás 19:30
p(sangrado). Actuación do grupo musical «Los tres latinos»
p(subtitular). *Foro Inter C.R.A. de Galicia*
p(leyenda). Xoves, 26 de xuño de 10:00 a 14:30
p(sangrado). Asamblea de docentes dos colexios rurais de toda Galicia.
p(subtitular). *Clausura de actividades Outono-Inverno no Auditorio*
p(leyenda). Venres 27 de xuño ás 20:00
p(sangrado). Entrega de diplomas e concerto a cargo dos alumnos do Conservatorio de Música de Pontevedra.