10:00 Apertura da feira ao público.
12:00 Recepción de autoridades na Casa do Concello.
12:30 Ofrenda froral no monumento ás feiras do automóbil de ocasión en recordo dos seus promotores e de todos os que colaboraron con eles.
12:45 Inauguración oficial da feira a cargo de Olga Escuredo e Rafael Sierra (filla e neto, respectivamente, dos pioneiros Eugenio Escuredo e Salvador Sierra), na que se descobrirá o pedestal de ladrillo (réplica exacta do construído en 1925) do automóbil PO-02.
13:00 Pregón da Festa da Lamprea.
13:30 Percorrido pola feira das autoridades e convidados.
14:00 Degustaciónh da lamprea.
21:00 Clausura da feira
Cultura
Historia das feiras do automóbil de ocasión en Pontecesures. 1925, 1926, 1950 y 1954.
Cartel da Feira de 1925 de Carlos Maside
No ano 1925, un grupo de amigos (veciños de Pontecesures) comezaron a pensar na idea de levar a cabo unha feira do automóbil. Esta idea xurdíu ao darse conta que nas feiras de cabalos que daquela se celebraban pola zona, no medio dos cabalos expoñíase algún vehículo para a súa venta, polo tanto, si había feiras de cabalos que eran o medio de transporte da época, ¿por qué non podía haber feiras de automóbiles? que xa se empezaban a ver polas nosas rúas.
Con este pensamento os señores Eugenio Escuredo e Salvador Sierra viaxaron á cidade alemana de Leipzig, onde se celebraba unha feira destos cacharros chamados automóbiles. Cando voltaron de Alemania contaron ao resto do grupo todo o alí visto e puxéronse a traballar. O día 27 de xuño de 1925 inaugurábase a a Feira do Automóbil de Ocasión, na que está presente o primeiro automóbil que circulou por Galicia.
Durante 3 días a Feira foi é visitada por máis de 10.000 persoas. Expóñense un total de 598 vehículos e o valor de todo o material exposto supera os 5 millóns da época.
O éxito é total e ten unha gran repercusión nos medios de comunicación da época. Esta feira está recoñecida como a primeira celebrada en España destas características, nela colaboraron artistas do talle de Carlos Maside, Castelao, Oria Moreno, Granell, etc.
Na actualidade moitas rúas de Pontecesures levan os nomes daqueles que fixeron posible as feiras do automóbil de ocasión. Esta é a nosa homenaxe a todos eles, amantes dos vehículos e do seu pobo, como foron: Eugenio Escuredo, Salvador Sierra, Víctor García, Ramón Piñeiro, José Novo, Jesús Cabeza, José Sierra, Baldomero Carlés, Luís Diéguez, Luciano García, Carlos Morales, e Feliciano Touceda. Estes dastos foron recollidos do libro «Historia das Feiras de Aoutomóbil de Ocasión» do autor José Piñeiro Ares, editado en 1989
Posteriormente celebraronse 3 edicións máis desta Feira nos anos 1926, 1950 e 1954.
No ano 1985 en conmemoración destas Feiras do Automóbil de Ocasión púxose na rúa San Lois de Pontecesures o Monumento «O Coche de Pedra», unha réplica daquel primeiro coche que circulou por Galicia.
No ano 2007 celebrouse o 15 de abril a I edición da FEIRA DO AUTOM?BIL ANTIGO (exposición e venda), e para este ano 2008 está prevista a segunda edición o vindeiro 6 de abril. Na organización destas dúas feiras colabora co Concello de Pontecesures a Asociación MIRANDOLLE OS DENTES.
Cultura
Asociación Cultural «Mirándolle os Dentes» de Pontecesures.
Esta asociación foi creada por un grupo de amigos afeccionados aos vehículos clásicos e namorados as feiras do automóbil de ocasión, que tanta fama deron no seu momento ao noso pobo. A nosa ilusión é conseguir que Pontecesures sexa coñecido polas súas feiras do automóbil antigo e facernos cun oco dentro do calendario das grandes feiras deste tipo que se celebran en España. Ao mesmo tempo, trataremos de fomentar eventos relacionados con este mundo, e trataremos de recuperar o pouco patrimonio que quede no noso pobo de vehículos antigos.
José Carlos Potel Saborido
Presidente da Asociación Cultural «Mirándolle os Dentes»
Cultura
ESTE XOVES 27 DE MARZO,PALCO DE ESTRELAS CO CANTANTE GERSON GALVÁN
O vindeiro xoves 27 de marzo,no programa das orquestras galegas «Palco de Estrelas» que produce e presenta Daniel Seijas en Radio Valga 107.4 FM,contará coa presencia do gran artísta canario Gerson Galván,actual vocalista da orquestra «Gran Parada» de Rianxo.Virá a presentar o seu último disco en solitario,grabado na República Dominicana. Gersón Galván é ademais compositor (compuso para discos de «Armonia Show») e foi ademais locutor e presentador de radio e televisión.Con este xa son 15 discos grabados por el.
¿Que ver?
O grupo «Algueirada» actúa mañá na Pascoa de Padrón.
Mañá día 24 de marzo, Luns de Pascoa, sobre as 12:15 horas actuará este grupo folclórico cesureño na Praza de Macías de Padrón. A actuación está incluída no programa festivo da Pascoa 2008.
Cultura
Parellas de «Escenas de matrimonio» en Valga.
Pepa e Avelino foron uns dos protagonistas da noite.
O Auditorio de Cordeiro foi o escenario que elixiron o ??Día do pai? tres parellas moi peculiares e coñecidas por todos; eles son Pepa e Avelino, Concha e Moncho, e os ??churris?. Os seis membros da ??Escola de Teatro do Concello de Valga? protagonizaron ??Escenas de matrimonio?.
A representación tivo unha duración aproximada de trinta minutos e o público quería máis. Amor, humor, un escenario sorprendente e tamén música foron os elementos que engancharon a un público entregado que desfrutou unha vez máis co teatro.
Pepa e Avelino, que levan casados cincuenta anos; Concha e Moncho, que hai vinte deron o ??si, quero?, e os ??churris?, que aínda están a desfrutar da lúa de mel, xa que hai pouco tempo que pasaron pola vigaría, tratan diferentes temas que afectan á convivencia diaria.
Temática. O amor segundo van pasando os anos, a comida e tamén as relacións íntimas son algúns dos puntos que arricaron os sorrisos do público ante as diferentes opinións dos protagonistas.
A representación, que nace con intención continuísta, está composta por seis ??sketches? nos que tratan seis temas distintos e que van introducidos por unha canción que xa adianta o que tratarán; así soaron pezas como ??Juntos?, de Paloma San Basilio, ou ??Os bistéqueles?, de A roda.
Os encargados de dirixir a Escola de Teatro de Valga, Juan Ramón Angueira e Begoña Piñeiro, xunto cos integrantes da mesma, querían facer algo diferente para darlle pulo á escola, e a idea elixida polos seus membros foi a recreación teatral do programa televisivo aínda que con certas modificacións posto que a intención era adaptar o formato á vida cotiá de calquera parella galega.
DIARIO DE AROUSA, 21/03/08