A editorial Sotelo Blanco acaba de poñer o nome ao XIII Premio «Vicente Risco» de Ciencias Sociais, e nesta edición o traballo premiado leva por título «A pesca fluvial tradicional en Galicia. Caneiros, pescos e pesqueiras», do coruñés Xosé Luis Ladra Fernández.
Segundo os estudos realizados por este coruñés, «os valeiros de Pontecesures queixanse de que cada ano hai menos capturas por mor la contaminación e dos verquidos de lixo ao río Ulla. Ao igual que o fan outros pescadores da zona, todos afirman que antigamente as capturas eran moito máis abondosas que as dos últimos anos. polo que as administracións deberían tomar nota dos nosos ríos e procurar eliminar os puntos emisores de polución, así como reconsiderar o modelo actual de explotación hidroeléctrica dos nosos ríos, obsoleto e pouco respectuoso coa natureza».
Unha das cousas de máis lle chamu a atención a Xosé Luis Ladra durante o seu estudo da pesca da lamprea no Baixo Ulla e nas outras zonas de Galicia foi «a ledicia e a nostalxia coa que os nosos maiores contan un sinfín de historias e anécdotas de cando eran novos e baixaban de noite ós ríos a pescar, case sempre de troula». Pjero o autor aínda ten moitas máis lembranzas anecdóticas posto que tamén se sorprendeu «coa enorme cantidade de elementos materiais que interveñen nestas labores: pescos, barcas, aparellos…esquecer a nosa tradición oral, inzada de refráns, cantigas, contos..e un milleiro de historias relacionadas cos nosos ríos e coa pesca aretesanal».