A comparsa de Antonio Pesado Romay obtivo o 3º premio do concurso de disfraces de Valga.

Esta comparsa, «A casa da palleta», que gañou o 1º premio no concurso de Pontecesures, obtivo o 3º premio no concurso de Valga, por detrás de «A Casa 1906» de Catoira, e una comparsa da Banda Municipal de Valga formada por pais dos integrantes desa formación.
Foi concedido un premio especial, como grupo do municipio de Valga, a comparsa «San Femín», integrada por persoas de Valga e de Pontecesures.

Nesta semana comezará a distribución da publicación «O camiño do mar do apóstolo»

Nesta semana serán enviados ó Concello de Pontecesures varios exemplares desta publicación creada pola Fundación Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla. ? un magnífico libro en galego patrocinado pola Dirección Xeral de Turismo que (publicáronse 10.000 exemplares) que se farán chegar ós centros galegos de todo o mundo e a distintas asociacións e centros culturais.
Esta publicación é un paso máis para potenciar a Ruta Xacobea polo río Ulla.