 Dende pontecesures.net organízase o I Concurso Fotográfico sobre as festas de porto
Dende pontecesures.net organízase o I Concurso Fotográfico sobre as festas de porto 
O que se pretende é animar a todas aquelas persoas que queiran participar envien as 3 mellores fotos que saquen durante calquera da actividades do cartel das festas de Porto entre os dias mercores 23 ata o venres 25.
Premiaranse as 3 mellores fotos elexidas por decisión dun xurado composto pola comisión de Festas ademáis de varios xornalistas.
O premio consistirá nunha cea para os 3 gañadores (donada polo bar choco) así como un recoñecemento público dos traballos gañadores e algunha sorpresa mais a cargo da organización do concurso.
Para elo envía as túas fotos, cun tamaño máximo recomendado de 500 kbs, ó seguinte correo electrónico: redaccion@pontecesures.net
Ademais identificate con nomes e apelidos así como un seudónimo que será o que se vexa público. Indicando a data e o momento en que sacaches a foto e un teléfono de contacto.
Organiza:
www.pontecesures.net
Colaboran:
Asociación Cultural San Roque de Porto
Bar Choco
Radio Valga, a radio da túa comarca.
A normas do concurso poderalas ver aquí: Bases do Concurso
 O narrador e poeta Francisco Fernández Naval substituirá na Subdirección Xeral de Cultura a Xavier Senín Fernández (Pontecesures, 1949), quen estivo neste cargo desde o 2 de outubro de 1987. Senín deixa o cargo cun enorme labor ás súas costas. A súa última acción foi a presidencia e coordinación da comisión para a elaboración da Lei do Libro. Cinco conselleiros Alfredo Conde Cid, despois viñeron Daniel Barata Quintás, Víctor Manuel Vázquez Portomeñe, Jesús Pérez Varela e Ánxela Bugallo e sete directores xerais contaron co seu traballo.Considérase un técnico e non un político, “senon non podería botar tantos anos. Para algunha xente serei mellor e para outra peor, hai algúns temas dos que entendo máis, doutros menos, hai cousas que me gustan máis e, o tema do libro sempre me gustou moito, sempre estiven metido nel”, asegura.
O narrador e poeta Francisco Fernández Naval substituirá na Subdirección Xeral de Cultura a Xavier Senín Fernández (Pontecesures, 1949), quen estivo neste cargo desde o 2 de outubro de 1987. Senín deixa o cargo cun enorme labor ás súas costas. A súa última acción foi a presidencia e coordinación da comisión para a elaboración da Lei do Libro. Cinco conselleiros Alfredo Conde Cid, despois viñeron Daniel Barata Quintás, Víctor Manuel Vázquez Portomeñe, Jesús Pérez Varela e Ánxela Bugallo e sete directores xerais contaron co seu traballo.Considérase un técnico e non un político, “senon non podería botar tantos anos. Para algunha xente serei mellor e para outra peor, hai algúns temas dos que entendo máis, doutros menos, hai cousas que me gustan máis e, o tema do libro sempre me gustou moito, sempre estiven metido nel”, asegura. O insigne galeguista e Presidente da Fundación Castelao será galardonada ca medalla Castelao. Avelino Pousa Antelo estivo no grupo escolar de Pontecesures dende o ano 1.970 ata a súa xubilación no ano 1983.
O insigne galeguista e Presidente da Fundación Castelao será galardonada ca medalla Castelao. Avelino Pousa Antelo estivo no grupo escolar de Pontecesures dende o ano 1.970 ata a súa xubilación no ano 1983.