Bases Concurso

Bases do I Concurso Fotográfico Festas de Porto

Dende pontecesures.net organízase o I Concurso Fotográfico sobre as festas de porto

O que se pretende é animar a todas aquelas persoas que queiran participar envien as 3 mellores fotos que saquen durante calquera da actividades do cartel das festas de porto entre os dias mercores 23 ata o venres 25.

Premiaranse as 3 mellores fotos elexidas por decisión dun xurado composto pola comisión de Festas ademáis de varios xornalistas.

O premio consistirá nunha cea para os 3 gañadores (donada polo bar choco) así como un recoñecemento público dos traballos gañadores e algunha sorpresa mais a cargo da organización do concurso.

Para elo envía as túas fotos, cun tamaño máximo recomendado de 500 kbs, ó seguinte correo electrónico: redaccion@pontecesures.net

Ademais identificate con nomes e apelidos así como un seudónimo que será o que se vexa público. Indicando a data e o momento en que sacaches a foto e un teléfono de contacto.

Normas:

  • Polo feito de participar autorizase á publicación da foto por parte de www.pontecesures.net en calquera momento;, asi coma calquera uso posterior, non lucrativo, por parte da Asociación Cultural San Roque de Porto. 
  • Non se terán en conta aquelas fotos nas que o autor non se identifique correctamente.
  • www.pontecesures.net comprométense a non retocar ninguna imaxen, pero reservase a non publicación daquelas fotos que se poida considerar que atentan contra persoas ou institucións.
  • www.pontecesures.net reservase o dereito a retirar calquera imaxen da súa páxina, sen previo aviso, tendo claro os participantes no concurso, esa situación non dará lugar a ningún tipo de reclamación.
  • A participación dos concursantes leva implícito a súa aceptación destas bases.

Organiza:

www.pontecesures.net

Colaboran:  

Asociación Cultural San Roque de Porto
Bar Choco
Radio Valga, a radio da túa comarca.

Descargar o Cartel en formato PDF

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.