O luns, 18 de outubro, comeza a desenvolverse este programa da Consellería de Educación e Ordenanción Universitaria concedido este curso ao C.P.I. Pontecesures.
Deste xeito 20 nenos/as (10 de 5º ou 6º de pimaria; e 10 de 1º ou 2º de secundaria) con dificultades académicas avaliadas polos titores dos cursos, van recibir pola tarde clases de apoio e de reforzo nas tarefas escolares, de técnicas de estudo e de orientación escolar en xeral.
Os horarios serán os seguintes:
-Primaria. Os luns e os xoves de 16:45 a 18:45 horas.
-ESO. Os martes e os venres de 16:45 a 18:45 horas.
As clases serán impartidas pola profesora Mª Begoña Castro Rodríguez.
Os nenos/as con dereito a transporte esolar serán desprazados en taxi que afronta a Consellería de Educación, rexeitándose o autobús por razóns de economía.
Considérase este logro de gran importancia para o colexio. Ofertar este tipo de servizos sempre é moi positivo para o centro e para a comunidade educativa do mesmo.
Por outra banda, tamén o Concello de Pontecesures reanudou, dende o día 14 de outubro, o programa de educación familiar. Comunicouse a boa nova ao CPI Pontecesures co fin de realizar un traballo conxunto coordinado pola orientadora do centro, Mª Paz Parajó Gómez. A educadora do concello, Vanesa Autrán, prestará asistencia a unhas 10 familias e a varios nenos máis en materias de todo tipo.