Persoal de Estradas da Xunta abre unha gabia para que circule a auga embalsada na rotonda da Charca.

Despois de solicitalo en varias ocasións o Concello de Pontecesures, esta tarde unha pala abriu unha gabia conducindo a auga embalsada na cuneta da PO-548 Pontecesures-Vilagarcía (Avda. de Arousa) ata o tubo de 1 metro de diametro que estaba inutilizado e que vai logo baixo a pista que comparten Pontecesures e Valga (se vai por ela ao Centro Médico de Baño).
Agradécese a actuación realizada de xeito provisional, pero hai que insistir en que se canalice axeitadamente toda a cuneta ata a rotonda da Charca, xa que prodúcense outros embalsamentos antes, e para evitalos hai que instalar tubos de amplio diámetro, ou conducións en aberto, baixo as entradas das fincas das márxenes da estrada autonómica.
Sobre a iluminación, sobre a fixación das tapas dos pozos de sanemento e sobre as beirarrúas, non se coñecen novas.

Marchan a bo ritmo as obras de pavimentación de pistas en Pontecesures con maquinaria da Deputación.

A pasada semana quedou rematada, a pavimentación da pista variante en Condide do Camiño do Regadío (sae fronte Construcciones Caamaño para a esquerda, vindo de Valga a Pontecesures).
No día de hoxe, quedou pavimentada a metade da pista que une Condide con Carreiras polo Couto. Espérase que maña remate a obra en dita pista.
Posteriormente a maquinaria desprazarase á rúa Cantillo de San Xulián é a o Souto de Porto para botar capas de rodadura nas mesmas.

Pontecesures insiste: la vía a Vilagarcía hace agua.

Luis Sabariz insta a que la Xunta ataje el peligro de inundación en la rodonda de A Charca

El concejal de Relacións Institucionais de Pontecesures, Luis Ángel Sabariz, no cesa, y ante la supuesta desidia de la Xunta para acondicionar el tramo de la carretera a Vilagarcía que se inunda (la PO-548 a la altura de la rotonda de A Charca) ha vuelto a remitir un completo dossier para que Infraestructuras tome cartas en el asunto.

A juicio del gobierno cesureño, “solicitouse que unha pala canalizara con toda urxencia, aínda que fora de un xeito provisional, a auga ata un tubo de un metro, situado a escasos metros, que comparten os dous municipios “la carretera entra en Valga-a través dunha pista, e que está sorprendentemente infrautilizado”. Sin embargo, las gestiones que llevan pidiendo desde julio no han dado en la diana, y ello a pesar de que hay varios vecinos que tienen la espada de Damocles de una inundación a la puerta de sus casas. “Polo exposto, solicítase que se resolva este problema dunha vez por todas para evitar todo tipo de riscos para peóns, condutores e titulares das vivendas da zona”, insiste.

De igual forma, se queja de que esta zona, en la que paradójicamente se están acometiendo obras, se encuentra muy mal iluminada. “A visibilidade é nula e resulta realmente perigoso circular nestas condicións pola estrada autonómica en cuestión”. Concluye reclamando aceras “nos primeiros 500 metros que pertencen a Pontecesures. A discriminación é evidente”.

EL CORREO GALLEGO, 09/12/09

O “Joyería Riveiro” perde o primeiro partido da tempada.

Caiu no Ramón Diéguez co líder Fortuna San Martín por tres goles a cinco, no encontro da xornada, dentro do grupo 5º da liga de fútbol de veteráns.
Agora os cesureños marchan na segunda posición, con 30 puntos, aíndan que levan un partido menos, a cinco puntos do líder Fortuna San Martín. O vindeiro sábado visitan o campo do Bar Miramar, que vai no posto 11º da táboa con 14 puntos.