

A pesar de que estamos xa a 7 de xullo todavía non está aberta a piscina municipal “A Serea” que está situada no peirao de Pontecesures (Avda. Eugenio Escuredo). Son varios os veciños que preguntan as razóns desta demora e numerosos pais/nais de nenos que queren asistir ós cursos de natación que teñen lugar polas mañás non se explican a que se debe este retraso.
Todo isto demostra a apatía e o desinterese do goberno local á hora de dar servizos ós veciños (se houbo problemas coas instalacións ou coa adxudicación do servizo houbo tempo para arranxalos e non esperar a última hora). Xa non é moito o tempo que pode estar aberta a piscina descuberta é, pola incompetencia do alcalde e do grupo de goberno, acurtase sen sentido algún.
Esperemos que a instalación sexa aberta neste fin de semana como desexan os veciños.
O grupo folclórico “Algueirada” actúa mañá día 30 de xuño ó mediodía na localidade de Requejo en Castela e León. Desplazaranse uns 20 nenos/as baixo a dirección do monitor Martín Agrasar partindo a expedición ás 7 da mañá.
E unha satisfacción para a xunta directiva da ANPA que o grupo folclórico se consolide co paso do tempo agradecendo ós monitores o traballo que están a realizar.
NOTA DA AGRUPACI?N CIDADÁ DE PONTECSURES (ACP)
A finais do pasado ano foi adxudicada a obra de ampliación do campo de fútbol “Ramón Diéguèz” situado no Monte de Porto por unha contía de 11.008,40 ? sendo integramente financiada a obra con fondos propios. A pesar do tempo transcorrido, a obra todavía non foi executada como están a demandar os usuarios do recinto.
Por falla de previsión do alcalde, foi incluída esta actuación sen contemplar a obra que hai que realizar para aumentar a potencia eléctrica que vai posibilitar a instalación de novas columnas de alumeado no campo.
Segundo Unión Fenosa esta obra de aumento de potencia ten un importe incluso superior ó da obra principal (13.659,21 ?) e mentres non se realice, non se pode mellorar o alumeado.
O aumento agora non se pode executar por falla de consignación orzamentaria e o concello solicitou unha subvención de 10.927,37 ? á Consellería de Xustiza ó abeiro da Orde de 23.02.06. No mellor dos casos, de concederse a subvención na súa totalidade, este concello tería que aportar 2.731,84 ? para os que tampouco hai consignación (os orzamentos todavía nin se presentaron).
O certo é que o tempo pasa e a obra non se fai a pesar de que o alcalde, coma sempre, foi anunciando ós deportistas a boa nova que agora non se pode levar a cabo pola súa ineficacia. O alcalde quere manter este asunto tapadiño pois nin deixou ver o orzamento de Unión Fenosa ó concelleiro da ACP na corporación.
Por certo, tamén se está a retrasar moito a obra de arranxo do muro de cerre lateral do propio campo de fútbol que foi adxudicada hai tempo (máis de 30.000 ?). Un detalle negativo: foi retirada hai días a rede que vai por enriba do muro pero non comezou a obra. Agora nos adestramentos saen os balóns continuamente fóra do recinto resultando ilóxico apurarse para retirar a rede sen comezar a refacer o muro.
Pontecesures, 9 de xuño de 2006
Luis Angel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures.