O grupo folclórico cesureño actúa o martes da Guadalupe en Rianxo, no que se celebra o día de Padrón. A actuación comeza ás 20 horas na praza central.
FESTAS DAS DORES,NO CARBALLI?O-XANZA (VALGA) O SABADO 10 DE SETEMBRO.
CARBALLI?O 2011 Xanza-Valga
FESTAS NA HONRA Á VIRXE DAS DORES 2011
SABADO 10 DE SETEMBRO : POLA MA?Á UNHA SALVA DE BOMBAS ANUNCIARÁ AS FESTAS.
DE SEGUIDO, PASARR?AS A CARGO DO GRUPO DE GAITAS XARANDEIRA
ÁS 13H. MISA SOLEMNE
Pola noite boa verbena amenizada polas orquestras
CASABLANCA de Ourense
e D´NOCHE co seu éxito “A cabeza non para”.
DOMINGO 11 DE SETEMBRO.
POLA MA?Á, BOMBAS DE PALENQUE.
Á 1 DO MEDIODIA, MISA SOLEMNE.
AS 4 E MEDIA DA TARDE, GRAN TORNEO DE ESCOBA, ONDE DECIDIRASE QUE SERÁ O MELLOR XOGADOR DO MUNDO.
XIV TROFEO VIRXE DAS DORES.HABERÁ TROFEO PARA OS 4 PRIMEIROS CLASIFICADOS E PREMIOS EN METALICO PARA OS 3 PRIMEIROS.
FESTA DOS NENOS CON HINCHABLES, FESTA DA ESP?MA E RUTA CICLOTURÍSTICA.
Fotografías da Festa da Bicicleta 2011.
No seguinte enlace pódense ver fotografías da Festa da Bicicleta 2011 de Pontecesures do pasado sábado 3 de setembro:
http://pontecesures.org/galeria.asp?cat=25&gal=29
Recollida selectiva de aceites vexetais usados.
Dando cumprimento á Lei 10/1998 de residuos, o Concello de Pontecesures ten en funcionamento dende o ano 2006 un servizo de recollida selectiva de ACEITES VEXETAIS USADOS procedentes de frituras, tanto do ámbeto doméstico como dos establecementos hostaleiros; para evitar que estes residuos sexan verquidos xunto co resto das augas residuais co conseguinte aumento da contaminación.
Este servizo de recollida é levado a cabo pola ASOCIACI?N PLATAFORMA POLO EMPREGO de Santiago de Compostela que recolle os aceites vexetais usados de todo o termo municipal de Pontecesures para a súa valorización posterior nunha planta de biodiesel; e esta recollida NON SUP?N NENG?N COSTE PARA OS VECI?OS.
Por isto recordase a tódolos veciños que a recollida estase a levar a cabo do seguinte xeito:
? Os domicilios particulares: Cada veciño pode levar o seu aceite usado ás instalacións do Concello na nave da Escola Obradoiro sita na Rúa Pousa Antelo (ao lado da Gardería) onde un operario municipal se encargará de recoller o aceite, no caso de estar pechada a instalación é suficiente con deixar o recipiente co aceite vexetal usado a carón da entrada; posteriormente será recollido por persoal do concello para almacenalo ata a súa recollida por parte da ASOCIACI?N PLATAFORMA POLO EMPREGO. Teléfono de información da nave Escola Obradoiro: 616 349 175.
? Os establecementos hostaleiros (bares, restaurantes): A Asociación Plataforma polo Emprego lles suministra un recipiente que logo eles mesmos recollen no propio establecemento cunha periodicidade acordada previamente. Teléfonos de información da Asociación Plataforma polo Emprego: 981 580 506 – 695 668 623.
? responsabilidade de todos nós manter este tipo de residuos lonxe das concas fluviais para evitar a súa contaminación, polo que dende o Goberno Local agardamos a colaboración de tódolos veciños, bares e restaurantes para lograr este fin; recordando unha vez maís que este servizo non ten custo algún.






