Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Sociedade

Pontecesures recolle tapóns para Pablo.

Por CONCELLO DE PONTECESURES ·

A entrega pode facerse en instalacións municipais e establecementos adheridos

O Concello de Pontecesures forma parte a rede de recollida e tapóns e apoio á familia de Pablo González Castelao, un neno de 11 anos de Pazos (Padrón), que padece distrofia muscular tipo Duchenne â??unha enfermidade dexenerativa sen curaâ??, ademais de osteoporose avanzada.

O obxectivo da campaña é recoller tapóns de plástico para a súa reciclaxe, como xa se fixo noutras convocatorias, para adquirir unha cadeira de rodas eléctrica, unha grúa e un baño adaptado para levar unha vida mellor. O custo elévase a 30.000 â?¬, unha cantidade que a familia non pode afrontar.

Con este fin, habilitaranse puntos de recollida na Casa do Concello, colexio, escola infantil, Praza de Abastos e en todos aqueles establecementos da vila que o soliciten.

 

 

Máis sobre isto

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.