Pontecesures.net cumpre 6 anos

Xa son 6 anos o que ten esta web, 6 anos nos que se publicaron 12.925 entradas, e con 14.571 comentarios, dos que 302 están “moderados”.

Cada aniversario sempre plantexo a necesidade, parte de evolución da web e dos usos, de recibir e comentar suxerencias, cambios, críticas, … para ir mellorando.

Nestes intres o problema máis importante está na moderación dos comentarios, xa moitas veces é complicado ver cando un comentario debe estar visible ou non segundo as normas (que tamén se poden cambiar).

Vamos a facer unha pequena “enquisa”.

O obxetivo final de esta enquisa e chegar a un punto de consenso que nos permita evitar que cada entrada sexa un lugar onde se dispersen temas fronte a un en concreto.

1) ¿ Cómo se deben xestionar os fora de tema ?

2) ¿ Cando estamos a falar dun fora de tema ?

3- ¿ Cando nun comentario se introduce un novo tema é un fora de tema ?

4- ¿ Que porcentaje mínimo (sobre un tema) ten que cumplir un comentario para, tendo unha parte “fora de tema”, se considere “fora de tema” ?

5- ¿ Si un comentario ten unha ou varias entradas sobre o tema que trata e está post o en outra entrada que se debe facer con el ?

6- ¿ Comentarios que só manteñen a conversa pero non din nada, do tipo “responde a o que che dixen antes” deben entenderse fora de tema, sin tema, ou son completamente válidos ?

7- Algún exemplo dun comentario que non debería estar visible e o porque.

8- Algún exemplo dun comentario non visible que debería estar visible e o porque.

Xestionar unha web coma esta é moi complicado, xa que fagas o que fagas sempre haberá quen se sinta molesto polas túas accións.

Pido un pouco de “empatía” e vamos a ver si con estas preguntas e as súas respostas, podemos chegar a un consenso de como xestionar a web. Con esto poderemos “rescribir” as normas e que sexan feitas por todos, ata o de agora son collidas das normas doutras webs, coma a desaparecida “Vieiros”.

FESTAS DO SAN ROQUE EN BA?O-XANZA (VALGA) ESTE SÁBADO 13 DE AGOSTO

SÁBADO 13 DE AGOSTO
ÁS 9 DA MA?Á GRAN DISPARO DE BOMBAS ANUNCIANDO AS FESTAS
ÁS 10.30 H. PASARR?AS A CARGO DA BANDA DE GAITAS “DOMINGO FONTÁN” DE PORTAS.
ÁS 13 H. MISA SOLEMNE CANTADA POLO CORO DA ARMENTEIRA
SESI?N VERM? A CARGO DA BANDA DE GAITAS “DOMINGO FONTÁN”
A PARTIRES DAS 23H. SUPER VERBENA A CARGO DAS ORQUESTRAS
PRINCIPAL DE MONDO?EDO E LOS TROVADORES DA CORU?A.
? REMATALA FESTA HABERÁ CHOCOLATE CON BISCOITOS ATA FARTAR!

MARTES 16 DE AGOSTO : MISA CANTADA ÁS 12 DO MEDIODIA PARA CELEBRALA FESTIVIDADE DE SAN ROQUE.

NOTA : A COMISI?N DE FESTAS AGRADECE A COLABORACI?N PRESTADA ?S VECI?OS, CASAS COMERCIAIS E ? EXMO.CONCELLO DE VALGA

Ruta cicloturista ao Convento de Herbón.

Dentro das actividades de verán para rapaces/as programadas polo concello, maña mércores levarase a cabo unha ruta en bicicleta ao convento de Herbón e, unha vez ali, os participantes disfrutarán dunha visita guiada que lles amosará as instalacións.

Mércores 10 de agosto, dende o pavillón polideportivo de Infesta.

Saída ás 10.30 e hora prevista de chegada ás 13.15.

Os rapaces/as interesados presentaranse antes das 10.30 no pavillón, tendo que traer bicicleta e casco (obrigatorio).