Facendo uso dunha grúa de considerables dimensións, se están a realizar na FINSA obras para que non saian a atmósfera os gases da prensa que así serán reutilizados na fábrica. Este era un compromiso da empresa para estes primeiros tres meses de 2008, co fin de mellorar o aspecto ambiental.
Segundo comenta a empresa, houbo a rotura de algún elemento por mor dar obras, e isto provocou a saída ás 16,30 de gran cantidade de fibra de madeira qué afectou ó río durante uns minutos.
As partículas de fibra de madeira de FINSA cubriron as augas do río Ulla na tarde de hoxe.
Sobre ás 16,30 horas do día de hoxe, a fibra de madeira procedente de FINSA, cubreu prácticamente o río como un manto. E coma se estivese a nevar con copos de fibra de madeira.
Unha vez máis, o feito alarmou á poboación que está cansa de soportar a contaminación aérea que temos.
Mañá darase conta do feito á Consellería de Medio Ambiente.
Caída de varias árbores na pista de Fenteira.
Varias árbores (pino-puntal) caíron no día de hoxe por mor do temporal na pista que une o lugar de Fenteira coa estrada autonómica Pontecesures-Baloira. Os pinos impiden o tránsito de vehículos por dita pista.
Falecemento de Rogelio Vigo Rey, xogador de futbito do Valdeza-Bar Juan.
Rogelio Vigo Rey era un rapaz, entre outras cousas, moi coñecido na comarca por xogar o futbito en Valga os domingos no Campionato de Veteranos no equipo Valdeza-Bar Juan. Falecía hoxe martes dia 15 de xaneiro ós 48 anos de idade.
Sala velatoria número 1 do Tanatorio Vilagarcia (Estrada de Cea-O Vento).
O mércores 16 será as 16:30 a condución do seu cadáver dende o Tanatorio Vilagarcia á igrexa parroquial de San Pedro de Dimo.
Haberá tres autocares. 1º-Sae ás tres da tarde de Coaxe por Dimo ó tanatorio; 2º-Sae ás tres de Cerneira por Cordeiro, Moldes, Vilar, Santa Baia, Catoira (igrexa, centro médico) ó tanatorio. O 3º sae as dúas e media de Lestrove por Tallós, Igrexa de Laiño, Imo, Bexo, Isorna (Souto) ó tanatorio.
Descanse en paz.
O temporal está a causar danos en Pontecesures.
Así nas últimas horas, caeu derrubada, por mor do vento, unha barreira do paso a nivel de San Xulián (rúa Cantillo). A estas horas a deficiencia xa foi corrixida por persoal de ADIF.
Tamén unha das árbores pequenas do paseo peonil que vai dende o paso elevado pola N-550 ata o CPI Pontecesures (paseo “verde”), caeu arrancado polo vento.
Por último, tamén están afectando á estrada autonómica Pontecesures-Baloira, unhas árbores que caíron sobre a mesma despois da ponte sobre a Autopista (lémbrase que é o vial que vai para A Estrada). Forzas da Garda Civil dirixíanse á zona a primeiras horas da tarde.
Anabel Gago será la nueva profesora del Obradoiro de Teatro de Valga.
La valguesa Anabel Gago será la nueva profesora de la escuela municipal de teatro. La actriz ha trabajado tanto en televisión, en series tan exitosas como “Rías Baixas”, como en teatro, y ha visto culminado su éxito con la obtención del premio “María Casares 2006” a la mejor actriz protagonista en la obra “Tío Vania”, de A factoría teatro, premio que otorga la Asociación de actores e actrices de Galicia.
Todas aquellas personas que estén interesadas en formar parte de este proyecto, ya sean de Valga o de otros municipios, tendrán una reunión mañana en el Centro multifuncional a las 18 horas.
El Concello ve culminado así un gran año para la escuela, que apenas cuenta con un año de vida, y que ya ha conseguido grandes éxitos con sus representaciones, no sólo en Valga sino también en otros concellos vecinos.
DIARIO DE AROUSA, 15/01/07