Hoxe desfile de moda en Padrón.

Terá lugar no Pavillón Municipal de Padrón (ó lado dos institutos), ás 17 horas e participarán os alumnos do instituto IES Macías o Namorado de Padrón para recadar fondos para a excursión de remate de curso. O prezo da entrada será de 2 ? pero só para ós maiores de 10 anos.

COLABORADORES

PERRUQUERÍAS

* Academia Barbanza-Hair (Padrón, Noia, Boiro, Ribeira…)
* Perruquería Mary de Rois

VESTIARIO

* Redopop
* HC Sport
* Mar Fashion
* Iván Moda
* Moda Xoldra
* Roupas Ra
* Paulina
* Avanti

COMPLEMENTOS

* Arrebato

Oa alumnos agradecen a colaboración dos establecementos e das persoas que se acheguen ó desfile esta tarde.

La ADR incorpora a cinco municipios para optar a fondos europeos.

La Agrupación para o Desenvolvemento Rural Ulla-Umia (ADR) incorporará a cinco nuevos municipios. Se trata de A Estrada, Campo Lameiro, Cotobade, Forcarei y Cerdedo, que formaban parte del Leader Montes y se incorporan al grupo de acción local para poder optar así a los fondos europeos Ceader, dentro del Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia para el período 2007-2013. Con estas anexiones, que eran necesarias para tener posibilidad de beneficiarse de este plan, aglutinarán a una población cercana a los 70.000 habitantes. Pendiente de estudio quedó la incorporación de A Lama, ya que podría excederse el límite poblacional máximo que permite la Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader).

(más…)

Identificado na tarde de hoxe o conductor que derrubou a farola da rúa Rosalía de Castro na madrugada do domingo.

O vehículo foi un BMW de cor negro, guiado polo xove E.M.V. veciño de Confurco-Padrón. Ía con outra persoa a noite da colisión.
O coche está a ser reparado nun taller de Raxoi-Valga e as pescudas policiais deron resultado localizando a Garda Civil de Valga a este xove nesta tarde.
O conductor presentouse logo na tardiña de hoxe na Casa do Concello, manifestando que asumía tódolos gastos.
Este concelleiro quere agradecer o labor realizado tanto pola Garda Civil de Valga como pola Policía Local de Pontecesures para identificar ó causante destes danos.

LUIS ANGEL SABARIZ ROLÁN

A Xunta regulará a situación laboral dos secretarios dos xulgados de paz.

Como a secretaria do Xulgado de Paz de Pontecesures, Conchi Castro Cereijo, está nesta situación (son 52 en toda Galicia) reprodúcese esta nova publicada no Diario de Arousa do 29/11/07, polo seu interese.

O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, José Luis Méndez Romeu, afirmou onte que a dignificación dos secretarios idóneos dos xulgados de paz (cuxo estatus actual non é de funcionarios nin de persoas con contratos laborais) pasa por unha regularización laboral.

(más…)