A Policía Local de Pontecesures descartou que nun dos pisos do edificio número 15 da Rúa Estación se estivese a acumular basura, tal e como denunciaran no Concello membros da comunidade de veciños. Un axente consigueu que a dona da vivenda (que está inhabitada e sen mobles) o deixara facer as comprobacións e, segundo o seu informe, no interior había só un can, cuxos excrementos e oríns provocaban en ocasións o mal cheiro ó que se referían os residentes do edificio.
O Concello púxose en contacto coa comunidade de veciños para explicarlles que deben ser eles os que resolvan esta situación, xa que a administración local non ten competencias.
DIARIO DE AROUSA, 17/11/07