Organizada pola Asociación de Veciños de San Xulián celébrase o venres día 12 de outubro a Festa da Virxe do Pilar.
* As 10,30 comezará o pasarrúas, polo interior do lugar, a cargo do grupo Xarandeira de Pontecesures.
* As 12,00 terá lugar a Misa Solemne na Capela que será oficiada polo párroco de Pontecesures, D. Arturo Lores Santamaría, e cantada polo coro da Barcarola tamén de Pontecesures.
* O rematar a misa terá lugar a procesión da Virxe do Pilar pola rúa do mesmo nome.
* Despois da procesión actuará o grupo Algueirada de Pontecesures.