O concello organiza unha excursión para maiores a Vilanova da Cerveira (Portugal)

Vilanova da CerveiraSerá o sábado día 13 de outubro co seguinte programa:

* Saída ás 9 da mañá da Plazuela.
* Visita á vila de Vilanova da Cerveira e á Feira que se celebra ese día.
* Xantar en Tui.
* Visita ao Monte de Santa Tegra e a Baiona.

Os prezos son de 15 ? (cota xeral) ou de 10 ? (cota reducida) e inclúe tódolos custos: Guía, autobús, entradas, xantar, segura da viaxe, etc..

O prazo de inscrición comeza o 1 de outubro e remata o día 9 de outubro.

O requisito para acodir a esta viaxe e ser maior de 60 anos (os/as cónxuxes e/ou parellas de feito están eximidas deste requisito) e estar empadroados/as en Pontecesures.

A cota reducida apjlicarase só ás persoas que acrediten documentalmente ter ingresos inferiores a 313 ? mensuais (certificados do INSS ou de entidades bancarias).

As prazas son limitadas e os asentos no autobús serán asignados segundo a orde de inscrición.

Para máis información e inscricións deben dirixirse ao Servicio Social de Atención Primaria do Concello, os luns, martes e venres de 9 a 13,30 horas.

A Asociación de Veciños de San Xulián asume os gastos da celebración relixiosa do día da Virxe do Pilar

Como en anos anteriores, esta asociación acordou asumir os gastos dos actos relixiosos que ocasiones a conmemoración do día da Virxe do Pilar a celebrar na Capela de San Xulián (misa, coro, procesión, piroctenia e pasarrúas). A Xunta Executiva xa fixo un chamamento para que os asociados que queiran contribuir a sufragar estes gastos, entreguen o seu donativo a calquera dos membros desa directiva.

Anunciase ademáis que haberá misas con novena na Capela de San Xulián dende o día 3 ata o día 11 de outubro, ámbolos dous días inclusive, e sempre ás 19 horas. Serán oficiadas polo párroco de Pontecesures, D. Arturo Lores Santamaría.
O día 12 (Día do Pilar) a Misa Solemne será ás 12 horas.

XXIV Campionato de truco «San Roque da Ponte»

Celebrarase o vindeiro día 6 de outubro no Centro Social da Ponte ás 22 horas.

A cota de inscrición fixouse en 30 ? por parella, e os premios serán os seguintes:

# 500 ? máis trofeo.
# 250 ? maís trofeo.
# 150 ? máis trofeo.

Para inscribirse estes son os teléfonos:

* 647-281888 (Alvaro)
* 686-975415 (Julián)

O sorteo realizarase no Centro Social media hora antes do comezo do torneo e a contía dos premios pode variarse en función do número de parellas.

Evento patrocinado por XANELA, Arquitectura en aluminio.