Entroido 2007. Premios do concurso de disfraces para nenos celebrado onte na Plazuela.

Categoría de 0 a 3 anos:

1º “A nena do exorcista”. Uxía Gerpe
2º “A familia Simpson”. Grupo
3º “A nena dos paxaros”. Elena Ranz

Categoría de 4 a 8 anos:

1º “A costureira”. Lucía Pardal
2º “O grupo das Bratzs”. Grupo
3º “O cempés”. Santiago Gándara

Categoría de máis de 9 anos:

1º “Fairy estropajo”. Belén Barral e Angela Caamaño
2º “A farola”. Alicia Silva
3º “Mariposa”. Raquel Lafuente

O festival foi organizado polo concello e o xurado estivo composto por Isabel Silva (A.C. Xarandeira), Cecilia Tarela (A Barcarola) e Dolores Agrasar (ANPA do CPI Pontecesures).
Os premios consistiron en vales para adquirir material escolar e foron entregados polo alcalde, a primeira tenente de alcalde e a concelleira de cultura.

RETIRARONSE OS ALIMENTOS EN PROL DO POBO SAHARAUI

Esta tarde sobre as 20 h. Fernando Rodriguez “O Parracho” e integrantes de Proteccion Civil de Pontecesures procederon a retirar os alimentoso do Super Froiz donados polos veciños para enviar coma axuda ó pobo saharaui. Foron mais de 7 carros de super cheos ata arriba, un volumen que non se esperaba polo pouco tempo que se dispoñia para facer esta recollida..
(máis…)

CAMPA?A DE COLABORACION CO POBO SAHARAUI

100_4770-web.JPGComentame Fernando “Parracho” que a ASociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, que, entre outras xestións, posibilitan que cada vran veñan os nenos dos campos de refuxiados a pasar os meses de xullo e agosto entre as familias galegas de acollida, pois PIDEN A COLABORACI?N DE TODOS N?S para unha CAMPA?A DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS, destinada a enviarlle productos básicos ós habitantes destes campamentos de refuxiados. Así, esta campaña vai comenzar mañá martes día 6, ata o xoves día 8, e os productos que solicitan para achegarlles son 3: Azucre, lentellas e aceite.

¿PARA COLABORAR? Moi sinxelo: achegarse ó Super Froiz de Pontecesures, ou ó Eroski de Padrón e depositar estes alimentos nun carritos que estarán alí con esa finalidade, entre o martes e o xoves desta semana unicamente.

No nome desta Asociación, e pensando en que é unha causa solidaria, anticipo as gracias pola colaboración do noso pobo.