Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Sociedade

CAMPA?A DE COLABORACION CO POBO SAHARAUI

Por fru ·

100_4770-web.JPGComentame Fernando “Parracho” que a ASociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, que, entre outras xestións, posibilitan que cada vran veñan os nenos dos campos de refuxiados a pasar os meses de xullo e agosto entre as familias galegas de acollida, pois PIDEN A COLABORACI?N DE TODOS N?S para unha CAMPA?A DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS, destinada a enviarlle productos básicos ós habitantes destes campamentos de refuxiados. Así, esta campaña vai comenzar mañá martes día 6, ata o xoves día 8, e os productos que solicitan para achegarlles son 3: Azucre, lentellas e aceite.

¿PARA COLABORAR? Moi sinxelo: achegarse ó Super Froiz de Pontecesures, ou ó Eroski de Padrón e depositar estes alimentos nun carritos que estarán alí con esa finalidade, entre o martes e o xoves desta semana unicamente.

No nome desta Asociación, e pensando en que é unha causa solidaria, anticipo as gracias pola colaboración do noso pobo.

Máis sobre isto

3 comentarios

  1. Luis Angel Sabariz Rolán

    Moi boa iniciativa para axudar a estes nenos. Fun pola tarde ao Froiz de Pontecesures e había xa bastantes alimentos no carriño. Fago un chamamento a todos para que se fagan moitas aportacións mañá e pasado.
    Noraboa a Fernando por este labor humanitario que ven facendo desinteresadamente. Un saúdo.

    Responder
  2. estela

    Eu tamèn quero destacar e felicitar a idea de Fernando… Gracias e a seguir asì apoortando boas ideas
    saudiños.

    Responder
  3. caiman do rio ulla

    tamén hai que felicitar a Radio Valga pola súa colaboración en xuntar alimentos para o pobo do Sahara

    Responder

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.