Un vestixio do pasado, a lamprea (lampreia, chupona, chupona de mar, sete buratos, lambepedras), ven sendo apreciada dende hai séculos como un dos mellores manxares que se poden catar. A lamprea (do latín _lambere_, ??lamber?), o _Petromyzon marinus_, é un peixe primitivo de aspecto serpentiforme que remonta os nosos ríos para desovar dende hai millóns de anos.
Ten o seu esqueleto cartilaxinoso e o corpo moi resbaladizo, sen escamas nin as. Carece de mandíbulas e a súa caraterística máis destacable é a presencia dunha ventosa bucal rodeada de 125 dentes córneos coa función de fixarse ás súas presas, sempre vivas, ás que lles quita o sangue do que se alimenta; ocasionalmente é carroñeira. Non resulta raro atopala fixada a muxos, tiburóns, salmóns, bacalaos e mamíferos mariños, de ahí que no Canadá so a pesquen para reducir a mortandade dos salmóns que van a desovar, exportándo as lampreas para España e Francia porque na outra beira do Atlántico non aprecian o valor culinario deste ciclóstomo.
*ALIMENTACI?N:*
Chupa a sangue de outros peixes. A boca destes animais é incríble: posee entre 120-130 lamelas labiais, así como numerosos dentes.
*HÁBITAT.*
Grandes ríos, ata os encoros. Dende logo, si poden, suben ata os regatos para desovar en augas puras , osixenadas e correntes.
*DATO DE INTERESE.*
As lampreas son os vertebrados máis primitivos e algúns científicos nona consideran peixes. Hai que pensar que o esqueleto é cartilaginoso, non ten mandíbulas, tampouco escamas nin aletas pares, as impares atópase pouco desenroladas. As branquias son diferentes as de outros peixes?etc.
Decir que a lamprea ten unha inxusta lenda negra, din , xa adianto que é totalmente falso, que os romanos tiñan fosos con lampreas onde botaban os esclavos vivos e logo as lampreas lles chupaban a sangue. Por suposto é unha mentira auténtica e imposible según os expertos. O que si podían ter os romanos era fosos con morenas, as morenas si teñen unha dentadura ben armada. As lampreas serían incapaces.
Decir finalmente que a lamprea, que perteñece a orden dos ciclóstomos (boca redonda) é un dos primeiros vertebrados que apareceron no planeta. O nome griego de Petromyzon e o latino de Lampreta ven a significar chupador de pedras, o cal, efectivamente, ten a súa razón xa que a lamprea fíxase as pedras ou rocas coa súa boca.