O Concello

O concello de Pontecesures pertence ás terras ás que, noutros tempos, dabanselle o nome de Ullán e que están ás beiras do río Ulla, preto á súa desembocadura na ría de Arousa

*Extensión e poboación*

Este pequeno concello de 6,7Km2 e 3.201 habitantes atopase no límite septentrional da provincia de Pontevedra. Antigamente foi un importante porto histórico. O concello de Pontecesures acadou a súa independencia fai 75 anos, contituindo un pequeno enclade de notabel dinamismo xeográfico e económico

*División administrativa*

Ten unha única parroquia, San Xulian (antigamente San Xulian de Requeixo) e das seguintes entidades de poboación / lugares:
* O Cagaxol
* Carreiras
* Condide
* O Couto
* Fenteira
* Grobas
* Infesta
* A Paxareira
* Portarraxoi
* Porto de Abaixo
* Porto de Arriba
* Redondo
* San Luís
* San Xulián
* O Souto
* A Toxa

A súa capital é Infesta. Na actualidade pertence á comarca de Caldas ainda que, dende o punto de vista xeográfico, forma parte da veiga de Padrón.

*Orografía*

Distínguense dúas unidades xeográficas diferenciadas: unha, practicamente chá e de altitude media moi baixa que atopase ó lado do río Ulla, sendo a zona de maior densidade de poboación, e outra que está nunha zona de relieve bastante pronunciado, sendo á altura máxima a que atopamos nos montes de Lomba e Salgueira.

*Red hidrográfica*

A rede fluvial está dominada polo río Ulla, que sirve, en parte do seu trazado, de límite municipal. Existen tamén pequenos regatos que nacen nos montes cercanos e que chegan ó Ulla. No concello de Pontecesures o río é navegable e marca o inicio do gran estuario interior da ría de Arousa.

* «Cómo chegar»:/o-concello/como-chegar/

2 comentarios

Carmen Barreiro · 18-04-2006 a las 16:56

Puentecesures está situada nun lado do río Ulla, que segundo os Romanos simbolizaba a Roda dentada de Mercurio. Este río foi cuna das históricas alfarerías fenicias e dos emporios madeireiros.
De Pontecesures foron os pioneiros da «Infantería de Marina do Arzobispo Xelmírez», que frearon os piratas Nórdicos que entraban pola Ría de Arousa.

Roman · 21-02-2015 a las 01:28

Me podría alguien pasar MAIL de los directivos de Piragüismo Pontecesures?
mi MAIL: vilaromar@yahoo.com.ar. GRACIAS

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.