Alberto Lucas, del Club Ciclista Padronés, gana en Asturias.

Alberto Lucas, del Club Ciclista Padronés, en el momento de la salida

Alberto Lucas, del Club Ciclista Padronés-Aluminios Cortizo, se anotó el título de campeón de Asturias contra reloj individual en categoría sub 23. El corredor del equipo padronés paró el crono en 32:09 (superó en 10 segundos al segundo clasificado) para hacer frente a los 22 kilómetros de recorrido de una prueba disputada en el ayuntamiento de Morcín.

TIERRAS DE SANTIAGO, 12/06/12

Dobre homenaxe á Coral Padronesa.

Sendas homenaxes se preparan para premiar á Coral Polifónica Padronesa no seu vintecinco aniversario.

O primeiro será do Concello o sábado,16 do actual, consistente nunha recepción oficial durante a que lle será entregada unha placa conmemorativa. E outra homenaxe será a que lle dedicará a Sociedad Cultural Padronesa (antigo casino) oito días despois, o seguinte sábado, día 30, durante o transcurso dunha cea-baile.

Nada mais xustas que istas manifestacións de admiración e simpatía trala longa traxectoria da Coral Polifónica Padronesa que, como nos comenta Manolo Bascoy, voz cantante -e nunca mellor dito- coralista dende a fundación da Agrupación no 1987, exercendo diversos cargos directivos e presidente dende 2004 ata actualidade, foi fundada por un grupo de afeccionados co doutor Villlar Piñón ao fronte, entón presidente da Sociedad Cultural. Como principal obxetivo era conservar, fomentar e difundir a tradición musical. Foron 64 compoñentes contra os 38 actuais.

As actuacións da coral se extenderon por diversas poboacións de Galicia, asemade de Asturias, León, Madrid ou Portugal, etc. con variedade de repertorio sobresaíndo obras musicadas da nosa eterna Rosalía de Castro. Aparte, nos segue a comentar Bascoy, a organización anual dos festexos da patrona Santa Cecilia, panxoliñas da vila de Padrón e dende 1997 ininterrumpidamente cantando a Rosalía na semana das Letras Galegas.

Merecidas pois coma diciamos as mostras de simpatía e agradecemento que sen dúbida os padroneses en xeral saberán apreciar amosándolles todo o seu apoio e agarimo sendo xa unha boa ocasión durante as dúas actuacións que con motivo do aniversario se teñen programadas no auditorio municipal unha, e na Sociedade Cultural Padronesa outra.

José Castro Cajaraville
TIERRAS DE SANTIAGO, 12/06/12

Padrón tivo políticos con pouca vista.

Padrón vai ver como en poucos días botan abaixo o esqueleto de formigón que se levantou hai xa once anos na Pedreira. A construcción sempre despertou polémica e foi o centro de debates políticos en moitas ocasións. Non era para menos.

No seu día a idea era facer setenta e catro vivendas con semisótano, planta baixa, dous pisos e baixo cuberta mesmo ó carón do convento do Carmen e a un paso do Santiaguiño. Pero a construcción se fixo sen licenza municipal, sen permiso da Xunta e sen autorización de Patrimonio. Pero coa vista gorda do alcalde e dos responsables de Urbanismo, que non foi dabondo.

Chegaron as denuncias e os xuízos e as multas e as ordes de derribo… E agora, despois de que durante once anos os padroneses tivesen que frotar os ollos cada vez que veían ese esqueleto de cemento cerca do convento e ata tirarse dos pelos, hai que contratar a piqueta.
Son vinte mil euros que ben se podían aforrar se en canto apareceron os da obra se lle pediran os permisos. E o peor é que aquí non pasa nada. Ninguén asume responsabilidades. Pois eses cartos terían que saír dos que fixeron a vista.

“Cousas do demo”, por Víctor Furelos
TIERRAS DE SANTIAGO, 12/06/12

Convidan á comisión de defensa das cercanías Vilagarcía/Santiago á charla do Director Xeral de Ferrocarrís.

Dentro do ciclo de xornadas ferroviarias, o mércores 13 de xuño, ás 20:00 horas”, terá lugar, no Salón de Actos da Cámara de Comercio de Santiago, (rúa San Pedro Mezonzo, 44, baixo) a conferencia “Proxectos en canto a infrestruturas e servizos ferroviarios en Galicia” a cargo de D. Manuel Niño, Director Xeral de Ferrocarrís do Ministerio de Fomento.

Para asistir a esta interesante conferencia, con coloquio final, foron convidados os alcaldes (ou concelleiros nos que deleguen) dos concellos integrados na comisión de defensa do traxecto en cuestión (Vilagarcía, Catoira, Valga, Pontecesures, Padrón, Rois, Teo, Ames, Santiago e o Pino).

Morreu Alfredo Fernándes Amendoeira.

Aos 57 anos, finou onte este veciño de Porto que estaba casado con Mª Luisa Jamardo Doce. O velorio está instalado no Tanatorio Iria Flavia de Padrón e a misa funeral terá lugar ás 19 horas de hoxe, 12 de xuño, na Igrexa Parroquial de Pontecesures. O cadáver recibirá logo sepultura no cemiterio parroquial de San Xulián.
Descanse en paz.