El jueves, 29 de diciembre, después de la misa que se celebrará a las 18:30 horas, se representará, sobre las 19 horas, un Belén musical viviente en la Iglesia Parroquial de Pontecesures.
Movida cesureña
Churros “a fartar” no Bar Galicia na noite de fin de ano.
Na noite do 31 de decembro instalarase a habitual churrería do Bar Galicia fronte ao local, na rúa José Novo Núñez de Pontecesures (N-550). Despacharase así chocolate con churrros durante toda a noite no establecemento. Tamén servirase o chocolate e os churros para levar.
Deportes
O Furia, co seu campo clausurado, xogará catro encontros en Pontecesures.
O Campo de Fútbol “Ramón Diéguez” será o escenario dos partidos de fútbol do Furia Athletic Club de Campaña (2ª Rexional) a celebrar o día 24 de decembro de 2011 e os días 8, 15, 29 de xaneiro de 2012. O peche do campo de Campaña por foi decretado polo Comité de Competición da Federación Galega de Fúbol.
Mediante decreto da alcaldia, o Concello de Pontecesures autorizou nestes días o uso das instalacións municipais, previa petición do club do municipio veciño.






