Ao ausentarse do termo municipal por motivos persoais o alcalde de Pontecesures, Manuel Luis Álvarez Angueira, entre os días 8 e 14 de agosto, ámbolos dous inclusive, ocupa a alcaldía accidentalmente o primeiro tenente de alcalde, Ángel Manuel Souto Cordo.
Xarandeira actúa o sábado 13 nas Festas de Caldas de Reis
Será ás 19 horas no escenario flotante do río Umia nun festival no que participan, ademáis do grupo folclórico cesureño, o Grupo de Danzas As Burgas de Caldas, e o Ballet Boirense.
San Roque da Ponte 2011
Sábado, 13 de agosto:
A partir das 18 horas dará comezo o Campionato de Estornela (Memorial Pedro Jamardo “Jaitón”. Prégase que os equipos estean inscritos antes do día.
Domingo, 14 de agosto:
A partir das 18 horas continuará o Campionato de Estornela. Pola noite haberá carallada para todos.
Luns, 15 de agosto, Festa na honra da Nosa Señora:
-Ás 9 horas, gran disparo de foguetes anunciando as festas.
-Ás 9:30 horas, pasarrúas a cargo do grupo de Gaitas Xarandeira de Pontecesures.
-Ás 11 horas, gran actuación de “El Show de los Payasos”.
-Ás 13 horas, I Poxa de San Roque e Ramos.
-Ás 14 horas, Sesión Vermouth
-Ás 18 horas, partido de fútbol Solteiros/Casados no Campo da Insua.
-De seguido, gran actuación de Vía XIX
-Ás 22 horas, gran verbena a cargo de 3.COM e ARENA
Martes, 16 de agosto, Festa na honra a San Roque:
-Ás 9 horas, gran disparo de foguetes anunciando o día grande das festas.
-Ás 9:30 horas, pasarrúas a cargo do grupo de gaitas Xarandeira de Pontecesures.
-Ás 11:40 horas, saída do autobús do lugar de costume para asistir á misa que terá lugar en Iria.
-Ás 12 horas Festa Infantil no Campo da Insua.
-Ás 13,30 horas, Sesión Vermouth con actuación do grupo de Gaitas “O Pedrón”.
-As 17 horas. Continuación da Festa Infantil.
-Ás 18 horas, Cucañas con grandes premios donados po Joyería Riveiro.
-Ao remate das cucañas, xogos populares (saco, ovo, etc…) no Campo da Insua para todos os públicos.
-Ás 22 horas, verbena a cargo dos grupos CANELA e AM?RICA
Sáudo da Comisión de Festas da Ponte.
Un ano máis nos dispoñemos a levar a cabo as festas de Nosa Señora e Ssan roque seguindo a tradición que nos deixaron os nosos antepasados.
A comisión 2010/2011 quere agradecerlles a todos os veciños, anunciantes, ó concello e a todas as persoas que colaboraron con donativos a colaboración prestada para levar a cabo estas festas que organizamos con moito entusiasmo, co que esperamos que todos se sintan satisfeitos.
Por iso, esperamos que sexan do seu disfrute e agrado, e que a ilusión coa que a comisión comezou este proxecto servise para que a xente se anime e non se perda a ilusión das nosas tan ben queridas festas.
Julián Lorenzo López
José Andrés Quintáns Figueroa
Santiago Pardal Lapido
Álvaro Ruzo Campos
Ángel Rey García
Pablo Cascallar Vázquez
Patricia Buceta Martínez
Fernando López Santos
Adrián García Sueiro
¡BOAS FESTAS!
Ruta cicloturista ao Convento de Herbón.
Dentro das actividades de verán para rapaces/as programadas polo concello, maña mércores levarase a cabo unha ruta en bicicleta ao convento de Herbón e, unha vez ali, os participantes disfrutarán dunha visita guiada que lles amosará as instalacións.
Mércores 10 de agosto, dende o pavillón polideportivo de Infesta.
Saída ás 10.30 e hora prevista de chegada ás 13.15.
Os rapaces/as interesados presentaranse antes das 10.30 no pavillón, tendo que traer bicicleta e casco (obrigatorio).
Festas da Devesa na honra da Virxe do Carme.
Martes, 9 de agosto:
-Ás 9 horas, Misa Rezada e logo alborada a cargo da Charanga Apeles.
-Ás 12:30 horas, Misa Solemne.
-Ás 17 horas, Festa Infantil con inchables e festa da escuma.
-Ás 23 horas, verbena coas orquestras Atlanta e Alcotán.
Mércores, 10 de agosto:
-Ás 8 horas, bombas de palenque.
-Ás 8:30, Misa Rezada e logo pasarrúas coa Banda Municipal de Valga.
-Ás 12:30 horas, Misa Solemne.
-De seguido, procesión para inaugurar o novo campo da festa e Poxa de Ramos.
-Ás 23 horas, verbena coas orquestras Ismael e América.
O chocolate con churros de balde, será servido ás 2 da madrugada e ao remate da verbena.