Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005

Novas anteriores · páxina 3.056

Avisos

Remata o prazo de exposición pública para retirar un dos coches abandonados en Redondo.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

O anuncio foi publicado no BOP o 27 de febreiro de 2012 e detállase que este Citroën Berlingo que está a nome de Suministros Meicende SLL pernanece abandonado na rúa Redondo, na estrada N-550, aparcado en batería. O 16 de marzo rematou o prazo de 15 días hábiles para a súa retirada ou para facer as reclamacións oportunas. De pasar a ter a consideración de residuo sólido urbano, será o concello o que ordene a retirada para o desguace.

Obras

A ACP solicita o arranxo de bancos no peirao.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Dende hai moito tempo estase a observar que algúns elementos da zona do porto (bancos e papeleiras) están deteriorados, rúa Eugenio Escuredo de Pontecesures. Solicítase así que se realicen as reposicións de inmediato. O día 25 de marzo celébrase na zona a XVII Festa da Lamprea con montaxe das carpas para a degustación. ? fundamental que ese mobiliario urbano esté reposto para non dar unha mala imaxe da vila.

Esperemos que o goberno local se interese por este asunto e adopte as medidas oportunas para corrixir as deficiencias.

Pontecesures, 17/03/12

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures