Carmen Comparada y Juan José Castaño. Os reis da tortilla de patacas.

Carme e Juan José, posan xunto a filla de Juan, a pequena Helena.

A exquisitez coa que Carme Comparada elabora este prato é unha das causas que cada día fai que a xente se acerque ao bar Comparada, en Valga

No ano 1926, Andrés Comparada volvía de Bos Aires, onde estivo emigrado, e abría un bar, o Comparada. Ao principio era moi modesto e pequeno, pero co tempo logrou ir ampliando, e incluso o converteu nun salón de baile, no que se celebraban festas por datas sinladadas coma o antroido ou San Xosé.
«Estas festas, que enchían o salón de xente e bo ambiente, pouco gustaban aos curas da época», sinala Carmen Comparada, filla do finado Andrés. O seu pai estivo no Comparada o resto da súa vida, até os 93 anos.
Carmen Comparada logo tomou as rendas do negocio. Ela xa non o mantiña como salón de baile, senón que o famoso do bar Comparada na época é o mesmo que o dá a coñecer hoxe en día: a súa comida. Cocidos, tortillas, orella, fabada ou empanada, entre outras cousas, atraen a veciños e xente doutros lugares con ganas de probar a boa comida de Carmen e do seu fillo, que é agora quen rexenta o bar.
Juan José Castaño é herdeiro da tradición de traballo e da boa fama que a súa nai, Carmen Comparada, e o seu avó Andrés Comparada, lle deron ao bar.
Agora máis ampliado e restaurado, chama tamén a atención pola historia que ten tras del. Durante os primeiros anos do franquismo, xunto con outros locais da zona, Carmen encargábase de repartir os alimentos que o Goberno mantiña na carta de racionamento. Aceite, azucre ou arroz eran algúns deses paquetes que as familias viñan a buscar a bares como o Comparada. Ademais de para o racionamento, naquel momento era tamén unha taberna e un ultramarinos.
Disto xa non se acorda Juan José, que manexa agora o bar Comparada, no que as súas anécdotas son ben diferentes. «Do que me lembro é de que, aqueles aos que eu lles vendía gusanitos cando eran pequenos, agora pídenme cubatas», confesa.
Dende que el tomou as rendas do Comparada, no ano 2000, a historia cambiou moito, pero non a tradición familiar, que segue dominando á perfección a arte da tortilla de patacas e outras comidas, que seguen sendo un reclamo para os que coñecen o Comparada.
Cando se lles pregunta a Carmen e a Juan José polo segredo da súa boa fama, Juan adiántase afirmando que «aquí temos as tres b, bueno, bonito y barato». Isto, acompañado dun trato que non distingue entre persoas fan que haxa días nos que o Comparada complete o seu aforo de 100 persoas.
O Comparada pasou de ser salón de baile, a dispensador da carta de racionamento ao mesmo tempo que ultramarinos e taberna, e hoxe, convértese ademais no punto de encontro da zona. No Comparada reúnense representantes de distintas xeracións da mesma familia, pois, os que antes eran novos, agora son adultos, e traen aos fillos, e os que antes eran adultos agora son vellos. «? a roda da vida», di Juan José.
De momento, tres foron as xeracións que pasaron polo Comparada, e pasará outra máis, que, aínda que non leve o apelido Comparada, éo tanto coma os demais. Helena Castaño, con tan só dous anos, é unha firme candidata a prolongar a historia desta familia e deste negocio, a súa nai, Susana Ordóñez, que bota unha man no bar de cando en vez, así o ve.

LA VOZ DE GALICIA, 19/09/10

Una década sin dormir a pierna suelta en Requian.

Vecinos de Requián llevan diez años sufriendo daños de caballos sin identificar en sus fincas, uniéndose para apresarlos a fin de que alguien asuma los desperfectos

“Acábannos coa vida”, “levamos un ano así e non temos solución” o “a finca está arrasada por completo” son algunas de las frases más repetidas por los vecinos de Requián en los últimos diez años. Y es que caballos mostrencos ??marcados pero sin identificar?? destrozan sus fincas y cultivos. Hasta el momento no lograron una solución efectiva. El pasado viernes los vecinos, cansados de los continuos ataques, volvieron a apresar algunas reses. Tienen a cuatro retenidas en un establo. El lunes se personarán en el Concello una vez más para encontrar una solución definitiva que les permita dormir tranquilos.

Fincas arrasadas por caballos mostrencos durante diez años, persecuciones casi diarias detrás de cabezas de ganado y retención de las mismas para evitar más destrozos. Es la problemática con la que tuvieron que aprender a convivir los vecinos del lugar de Requián, en la parroquia estradense de Frades. La quicena larga de vecinos residentes en esta zona lleva varios años denunciando el problema en busca de una solución, que por el momento no ha llegado.
El pasado jueves habitantes de la aldea apresaron a cuatro caballos, de la docena que conforma la manada que los ha mantenido en vilo durante el último año. Desde ese momento se ocupan de cuidarlos y mantenerlos hasta que aparezcan los dueños o se realice una subasta pública. Laura Bodaño, vecina de Requián, aseguró que llevan así una década. “E non temos solución”, lamenta. “Os catro cabalos que temos retidos témolos que coidar nós, e a Xunta estipulou que son 5 euros ao día, por animal, o que gastamos”, declaró. Insiste en que los habitantes de la zona están unidos porque “estamos todos na mesma situación”.
Bodaño subraya que el problema tiene que tener algún remedio porque los animales tienen dueño, puesto que “aparecen pintados con espray, rapados, coas orellas cortadas… pero son marcas sen rexistrar, polo que non leva a nada porque iso pode facelo calquera”. Asegura que los dueños no quieren hacerse cargo de los caballos que habitan libres en los montes de la zona, porque son “animales malos” “A solución era que os dueños desen a cara, pero iso non vai pasar nunca”, reflexionó en voz alta.
Esta estradense comentaba ayer que nadie se va a hacer cargo de los gastos que tienen que acarrear los vecinos, por eso “a solución sería facer unha subasta, aínda que o que queremos é que vaian o matadero directamente”.
“Desconfiamos que os donos dos cabalos ou xente mandada por eles lle abran as portas os cabalos para deixalos escapar, por iso todas as noites damos un paseo por xunto eles”, confesó Bodaño después de asegurar que los equinos están siendo cuidados en un establo de la zona.
En cuanto a la retención de los últimos cuatro animales, Laura Bodaño, comentó que fueron a buscar al resto de la manada al monte de Requián pero no lograron encontrarlos. “Cremos que poden andar motoristas pola zona e que espantan os cabalos”, señala.”Sempre atacan as mesmas fincas e este último ano sufrimos destrozos todos os días”, declaró esta afectada.

FARO DE VIGO, 19/09/10

Farjas no concreta se o centro de saúde de Cesures poderá dispoñer doutro médico e dun pediatra

Na visita que realizou onte a conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, ao PAC de Valga con motivo da súa inauguración tralas obras que o departamento acometeu alí, Farjas non quixo deixar claro se a petición de Maribel Castro, alcaldesa de Pontecesures de dotar o centro de Cesures cun médico e un pediatra, será cumprida.
«Coa implantación da receita electrónica e a aplicación das novas tecnoloxías na Sanidade, os médicos quedarán máis libres e adiantarán traballo», isto foi todo o que dixo a conselleira, que, pese á insistencia da pregunta por parte da alcaldesa, non deu unha resposta clara.
O centro de saúde de Pontecesures conta, a día de hoxe, con un médico que, segundo Luís Ángel Sabariz, concelleiro de relacións institucionais «ten máis de 1.700 cartillas, o que está por enriba da radio paciente médico, e, ademais, hai outros 1.300 cesureños que teñen que recibir asistencia no PAC de Valga» sinalou Sabariz, que tamén quixo destacar a necesidade dun pediatra para o centro de Cesures, pois «os seus máis de 450 nenos teñen que acudir ao PAC, con todos os problemas de desprazamento que isto trae consigo, xa que non hai transporte público. Superando así tamén o ratio da pediatra de Valga».
A actuación de Sanidade no PAC de Valga tivo un custo de 1,6 millóns de euros, cos que, ademais de renovar o centro, se ampliou en 506 metros para dotalo de infraestruturas para todos os colectivos.

LA VOZ DE GALICIA, 18/09/10