El BNG padronés insta al Ayuntamiento a luchar por el tren de cercanías.

El grupo nacionalista lleva recogidas unas 1.700 firmas de vecinos en defensa del servicio ferroviario

El concejal del BNG en Padrón, Xoán Santaló, presenció ayer en el Parlamento de Galicia el debate sobre una proposición no de ley promovida por este grupo para la creación de un servicio ferroviario de cercanías eficaz. Xoán Santaló recuerda que esta iniciativa tiene una «importancia especial para Padrón» ya que, de mantenerse los planes del Ministerio de Fomento, con la puesta en funcionamiento del llamado AVE «a capital do Sar perderá o servizo ferroviario actual».
Para el BNG, Padrón «non pode renunciar ao servizo do tren». Al contrario. En su opinión, debe reivindicar un «servizo regular de tren de cercanías que posibilite o desprazamento a Santiago sen ter que recorrer ao transporte por estrada». Perder esta posibilidad, añade Xoán Santaló, supone «botar unha lousa máis sobre o futuro da capital do Sar». Es por ello que considera que el gobierno municipal de PSOE y CIPa «non pode manterse na inactividade que o caracteriza ante as grandes cuestións». En este sentido, el BNG cree que el gobierno municipal «ten que loitar polo tren de Padrón, que non é facer unha declaración e unha foto, nada máis». Xoán Santaló recuerda que el BNG recogió 1.500 firmas de vecinos de Padrón contra la pérdida del servicio de proximidad y tiene 200 más que le remitirá en breve al Concello. «Non estaría de máis que o goberno local tomase algunha iniciativa en interese de Padrón».
Santaló explica que el trazado del AVE debería ser «unha oportunidade para reforzar o servizo de cercanías porque os trens de media e longa distancia non interferirían co primeiro, por circular por vías diferentes». Es por ello que cree que «Padrón gañaría en accesibilidade de contar cun servizo regular e con máis frecuencias que permita chegar a Santiago en 20 minutos, desde onde poderíamos enlazar con trens de alta velocidade para ir a Madrid e a outros territorios».

LA VOZ DE GALICIA, 26/05/10

Otilia Saborido, do Forno, premiada coa viaxe a Mallorca na Festa dos Maiores de Valga.

Otilia Saborido Eiras foi a agraciada con esta viaxe para dúas persoas, no sorteo da festa. Houbo tamén uns 70 agasallos sorteados (figuras e pequenos electrodomésticos donados pola Deputación e por casas comerciais).
Francisco Piñeiro Cordo de 93 anos (Cerneira) e Aurelia Freiría Tubío de 91 anos (Casanova) recibiron un agasallo ao ser os asistentes de máis idade.

Asemblea Xeral do Furia.

Será o 18 de xuño na Casa de Cultura de Campaña ás 21:30 horas en 1ª convocatoria e ás 22:00 en 2ª. A orde do día inclúe a presentación do balance económico e do deportivo, a demisión da actual directiva e a elección da nova, así coma rogos, preguntas e novas ideas.
A directiva lembra o abono da cota aos que non está ao día. Toda a actualidade do club está na web www.furiaac.com.

Festa de remate de tempada do Furia.

Será o 19 de xuño no campo de festas de Campaña, aínda que este ano substituirán a cea por unha comida. Para que saia todo de balde, todo o club (xogadores, directivos e corpo técnico) teñen rifas para recadar fondos. Quen desbote esta opción poderá asistir pagando 20 euros (socios) ou 25 (non socios). O prazo de inscrición remata o 15 de xuño. O menú estará composto de polbo, carne, café e sobremesa. Actuará o dúo Master.

DIARIO DE PONTEVEDRA, 26/05/10

Peregrinación do Furia A.C.

Será o vindeiro 5 de xuño. Os participantes sairán ás 6 horas do campo de festas de Campaña e regresarán en tren sobre ás 19 horas. Todas aquelas persoas que queiran sumarse á iniciativa deberán comunicarllo a algún membro da directiva antes do 1 de xuño.
A participación suporá un pago de 12 euros, que inclúe o xantar no comedor universitario do Monte da condesa en Santiago, a viaxe en tren e un agasallo conmemorativo. Non faltará o coche oficial de apoio.

DIARIO DE PONTEVEDRA, 26/05/10