O Náutico Pontecesures gaña dous ouros e unha prata no Campionato Galego de piragüismo en O Grove

Publicado por Plumilla o

Fin de semana de medallas para a cantera cesureña. O pasado sábado, as augas de O Grove acolleron a VII proba da Liga Provincial de Pontevedra «O Noso Club» 2026 e o Campionato Galego de K2 nas categorías prebenjamín, benjamín e alevín, unha cita que reuniu a 30 clubs e 340 deportistas de toda Galicia.

O Náutico Pontecesures volveu brillar no campionato autonómico: Daniela Borrazás e Sara Cascallar se impuxeron no C2 alevín A feminino cun tempo de 8:19.00, e Lía Jamardo e Sara Ríos fixeron o propio no K2 benjamín A feminino, parando o crono en 7:57.54. Ámbalas dúas parellas subiron o máis alto do podio nunha mañá moi competida.

Ademais, Andrea López e Xela González acadaron a prata no K2 alevín A feminino, só superadas pola parella do Altruán de Ribadeo. Coas tres medallas, o club cesureño rematou a xornada como un dos máis premiados da cita.

Na clasificación por equipos, o triunfo foi para o As Torres-Romería Vikinga de Catoira, que sumou 3.030 puntos, apenas dez máis ca o Náutico O Muíño de Ribadumia (3.020). O Fluvial de Lugo completou o podio con 2.809 puntos.

Con esta cosecha, o Náutico Pontecesures engade títulos autonómicos a unha tempada na que xa demostrou a súa forza na Liga Provincial, onde a finais de agosto arrasou na cita disputada na casa.

Fonte: Federación Galega de Piragüismo

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.