Catro triunfos do Náutico Pontecesures na primeira regata do lago de As Encrobas
270 palistas de doce clubes de A Coruña, Lugo e Pontevedra reuníronse no lago de As Encrobas, en Cerceda, para disputar a primeira regata de piragüismo Coventina Renovables, a primeira proba náutica-deportiva que se celebra neste escenario, co apoio da Federación Galega e do Concello de Cerceda. E o Club Náutico de Pontecesures saíu dela como un dos grandes vencedores.
Os cesureiros lograron catro triunfos, só superados polo Club Fluvial Lugo (cinco). Os podios estiveron moi repartidos: tamén gañaron probas a Escuela de Piragüismo Ciudad de Pontevedra (3), Ribeiras do Tambre (2), Cambados (2), Betanzos (2) e Ribadumia, Narón, Cabanas e O Grove (1).
A competición desenvolveuse en categorías dende prebenjamín ata cadete, con dous circuítos: os máis pequenos cubriron 1.500 metros e os infantís e cadetes deron dúas voltas completas ao lago (3.000 metros).
Na contorna do lago citáronse ao longo da mañá máis de 1.000 persoas entre deportistas, familiares e veciños. O alcalde de Cerceda, Juan Manuel Rodríguez García, subliñou que o estreo afianza os usos de ocio do lago «no marco da transición ecolóxica» que atravesa o municipio, e Concello, clubes e Federación xa estudian repetir a experiencia con máis probas.
Fuente: La Voz de Galicia