A Sociedade Pública de Investimentos comunicou que onte, 8 de xullo, ás 10:00 hora tivo lugar a apertura das propostas das 38 empresas que se presentaron para optar á execución desta obra.
Despois de activarse este trámite nos útimos días, o concello espera que o acto de apertura das proposicións económicos, que estaba previsto para o 15 de xuño pero que foi aprazado, se realice nos vindeiros días, confiando en que a adxudicación da obra sexa unha realidade neste mes de xullo.
O Concello de Pontecesures solicitou hai uns días ao Xerente da SPIG que os trámites relacionados coa contratación da obra sexan unha prioridade para a institución. A obra non se debe demorar máis para ben de todos.

