Dos parlamentarios de Ulla-Umia por primera vez en la historia.

Por primera vez en su historia la comarca del Ulla-Umia contará con dos diputados en el Parlamento de Galicia. Carmen Cajide coincidirá en el Horreo con el caldense Jesús Goldar, diputado del PP desde comienzos de esta legislatura. Goldar Güimil manifestó ayer que le desa a Cajide Hervés” los mejores éxitos en su función, por el bien de Galicia y de los gallegos, ya que la mejora de sus condiciones y de su calidad de vida debe ser nuestro único objetivo”. Añadió que “mi relación” con la socialista cuntiense es “cordial y la felicitaré personalmente. Supongo que nos pondremos de acuerdo en muchas cosas o, al menos, así lo espero”, indica el diputado del PP.

DIARIO DE AROUSA, 11/03/10

Carmen Cajide: “Volto ao Parlamento Galego con ilusión”.

Este mediodía a nova deputada “in pectore” do PSdeG-PSOE, que vai substituir a Emilio Perez Touriño, manifestou que estaba moi ilusionada co regreso á cámara galega e que xa ten experiencia sobre o funcionamento da institución (foi parlamentaria na lexislatura 2004/2008).
Tamén manifestou Carmen Cajide que neste último ano, a pesar de non seren elixida deputada, estivo en contacto con todas as agrupacións socialistas do Ulla-Umia para coñecer a problemática e as necesidades dos distintos lugares. Por último manifestou: “Espero facer un bo traballo, e ser útil para a comarca e para o Parlamento”.

Un cabalo causa pequenos danos a un vehículo estacionado na Avda. de Vigo.

A primeira hora da tarde un cabalo que se atopaba nunha finca situada a carón de edificio onde está a libraría Palermo, case fronte Electrofer, achegouse ao marxe da N-550 e causou pequenos danos a un vehículo estacionado.
Eran dous os cabalos que estaban na finca, pero un soltouse. A Policía Local localizou ao dono dos animais co fin que adoptase as medidas oportunas para que os cabalos non estivesen soltos e para que respondese do dano causado.

O BNG de Pontecesures solicita a comprobación do expediente da obra do regato da Chancela.

Na mañá de hoxe, a concelleira nacionalista, Cecilia Tarela, en representación do BNG de Pontecesures, solicitou a comprobación do expediente da obra que se está a realizar no regato da Chancela.
Xa lle foi comunicado que mañá mesmo, 11 de marzo, pode facer as comprobacións oportunas na Casa do Concello, onde está á súa disposición:
1. Convenio do PEIM do 2009 asinado entre o Concello de Pontecesures e a Consellería do Medio Rural onde aparece reflectida a obra en cuestión: “Acondiconamento e rexeneración ambiental do entorno do regato da Chancela. 1ª Fase”.
2-Posta a disposición de Medio Rural dos terreos necesarios para realizar a obra e autorizacións dos particulares dos terreos próximos ao regato para levar a cabo a actuación da maquinaria.
3-Autorización de Augas de Galicia.
O proxecto, os datos da dirección da obra e os da licitación para a selección do contratista están na Consellería do Medio Rural, que foi o adxudicatario da obra. De todos os xeitos realizaranse xestións para que os representantes nacionalistas coñezan os detalles da obra que se está a realizar,. que comezou a proxectarse, precisamente, en tempos do goberno bipartito da Xunta de Galicia.

O venres, 12 de marzo, noméase ao novo presidente da Fundación da Ruta Xacobea Mar de Arousa Ulla.

Será ás 14:30 horas no Hotel de San Francisco de Santiago cando se reunan os membros da Fundación da Ruta Marítimo Fluvial Xacobea Mar de Arousa Ulla. Como asunto máis importante da orde do día figura o nomeamento do novo presidente que vai substituir a José Luis Sánchez-Agustino recentemente falecido.
Tamén vaise decidir o venres a data do remonte oficial polo río Ulla 2010 e os detalles deste acto.